viernes, 8 de marzo de 2024

8 M



Exposición de libros:



 Neste 8 M queremos vincular o traballo que o alumnado do centro realizou tanto coas mulleres científicas como con Rosalía de Castro, pois son todas elas merecedoras do noso respecto e admiración:

Alumnado gañador do concurso Lemos a Rosalía:


















Alumnado gañador do concurso Mulleres científicas:




















Moitos parabéns e grazas por participar

jueves, 7 de marzo de 2024

Visita de María Canosa

 Hoxe visita o centro María Canosa para comentar co alumnado de 6º de EP o libro de 

Muriel Caos no laboratorio lácteo


Como sempre a biblioteca foi o lugar de encontro









jueves, 29 de febrero de 2024

Charla 4º ESO

 A biblioteca sempre é un bo lugar no que realizar charlas, neste caso son para ampliar as Xornadas de orientación que tiveron lugar onte . 

Agora toca charla sobre os ciclos de FP que hai no IES de Fene.




martes, 27 de febrero de 2024

Voluntarios de 6º EP

 Así dá gusto!!

Temos un grupo de voluntarios de 6º de EP que sempre están pendentes do seu labor na biblioteca: poñer pegatinas, facer carteis e hoxe...

colocaron o carro dos ordenadores con cadansúa etiqueta.






viernes, 23 de febrero de 2024

Día de Rosalía de Castro




Exposición de libros 



Cantamos a Rosalía. O alumnado de 4º atreveuse con esta magnífica actuación:



 Para conmemorar o Día de Rosalía, dende a biblioteca organizamos un concurso para que o alunmado lese e descubrise a súa obra. O concurso ía dirixido tanto a Primaria como a Secundaria.  Debían gravarse nun vídeo caracterizados de Rosalía e recitando un dos seus poemas.



Vídeos participantes:


Os gañadores terán como agasallo un cupón regalo para gastar na cafetería do cole.



martes, 20 de febrero de 2024

Contacontos

 Un ano máis, Manuel e Sofía da Academia 2Plicas, viñeron facer un conto musical e a continuación un obradoiro de instrumentos musicais para o alumnado de infantil e 1º e 2º de Pimaria.

Pasárono moi ben, só hai que verlles as caras:













viernes, 16 de febrero de 2024

Cristian F. Caruncho e Saínza a Punkiereteira

Hoxe veu á nosa biblioteca Caruncho, o ilustrador de Saínza. Explicounos como foi o proceso de elaboración das imaxes de Saínza partindo do texto elaborado por  María Canosa, un traballo conxunto.


 

Agasallounos cunha ilustración de Saínza 

Dedicoulles deseños ao alumnado de 1º ESO



Día de San Valentín 2024

 

Con estes poemas escritos sobre corazóns celebraron o día dos namorados os alumnos de Lingua Castelá de 1º da ESO.
Tamén agradecemos ao alumnado de Filosofía de 4º da ESO a súa gran axuda e bo gusto na realización desta exposición.
Moitas grazas!