O noso alumnado elaborou postais para felicitar estas datas e facelas algo máis agarimosas, felicitacións que veñen cheas bos desexos para o ano que ven.
O Nadal xa está aquí e un ano máis non queremos pasar sen ofrecervos unhas suxerencias lectoras por se non sabedes con que agasallar aos vosos familiares e amigos.
Un libro sempre é un gran agasallo e máis nestes tempos da Covid nos que unha boa maneira de viaxar é facelo da man dun libro.
Os nosos colaboradores de biblioteca de primaria e secundaria estiveron vendo as novidades que temos na nosa biblioteca e quixeron compartir con nós algunha das súas recomendacións e suxerencias, por se non sabedes que pedir como agasallo de Nadal. Aquí vos deixo os videos.
No CPI A Xunqueira non queremos deixar pasar o mes de novembro sen falar de ciencia. Unha das noticias científicas dos últimos meses foi o proxecto da NASA de voltar á Lúa, o noso satélite.
No Club de Ciencias do noso cole ocorréuselles unha pregunta:
Que levarías ti á lúa?
Anímate e axúdanos a respostarlle.
Se tes dúbidas, para saber que levar podes informarte sobre a lúa e o espazo nalgún destes enlaces:
En outubro tamén botaron a andar moitas actividades relacionadas coas tecnoloxías e a programación:
- Continúa o proxecto Erasmus + de Intelixencia Artificial no que participa alumnado e profesoras do noso colexio. Aquí vos deixamos o enlace ao vídeo do seu proxecto para o Maker Faire 2020
Neste outono do 2020 chegou ás estanterías da nosa biblioteca un novo poemario: Versos do desasosego. A chegada dun novo libro sempre é un momento de ledicia e neste caso moito máis xa que a súa autora, Ana Barral, foi profesora de Lingua Galega no noso cole durante moito tempo, A autora tivo a deferencia de enviarnos un exemplar firmado de agasallo. Parabéns a Ana por esta publicación.
*** Imos ler estes versos no club de lectura. Esperamos poder comentalos con Ana ....
Un ano máis, o alumnado de 5º e 6º quere compartir o gusto pola lectura co alumnado de infantil do noso colexio.
Este curso as lecturas hainas que facer por videoconferencia para manter os grupos burbulla e as medidas sanitarias adoptadas para a prevención da Covid-19.
Aínda así está a ser unha experiencia motivadora para o alumnado participante que esperamos que continúe todo o curso.
Alumnas e alumnos de 5º de primaria contan un conto aos alumnos e alumnas de 5º de Infantil.
Alumnado de 6º de primaria conta o conto de “Os Tres Porquiños” aos nenos e nenas de Infantil.
Este curso iniciouse con moitas novidades no noso cole. A parte de todos os cambios provocados pola pandemia da Covid 19, no noso cole xubilouse o que foi o noso conserxe nos últimos 30 anos.
Queremos agradecerlle o seu traballo e dedicación durante estes anos. Disfrutou
tanto cos alumnos e alumnas coma na organización das actividades,
propoñendo ideas e implicándose na actividade que un centro educativo
ten diariamente (que non é pouca). E nós atopamos nel sempre unha persoa disposta a botar unha man en todas as propostas que lle fixemos.
Para despedilo, o alumnado de 3º de Primaria fíxolle unha entrevista na biblioteca. Aquí vola deixo para que a disfrutedes
Moitas grazas Eugenio por facer o noso traballo un pouco máis sinxelo.
Moita sorte nesta nova etapa. Aquí deixas un recordo estupendo.
Un ano máis, para celebrar o día das bibliotecas imos poñer en marcha a actividade do club de lectura Lendo na Xunqueira. Tedes toda a información no blog do noso club.
Xa estamos a preparar os grupos e o material para comezar na semana do 26 ao 30 de outubro.
Se queredes descargar a ficha informativa facede clic aquí.