miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 


 Dende o CPI A Xunqueira unímonos para loitar contra esta lacra que supón a violencia contra as mulleres. 

Os nosos alumnos e alumnas traballaron sobre este tema nas súas aulas e elaboraron diversos materiais.

En infantil fixeron un vídeo e un cartel 

 


En primaria decoraron os corchos con mans nas que colocaron as súas mensaxes e gravaron videos con cancións alusivas ao tema.

No seguinte enlace pódense ver todos os videos gravados polo noso alumnado de infantil e primaria: videos contra a violencia machista



 

En secundaria traballaron letras de cancións e decoraron os corchos con lemas en contra da violencia machista. 




domingo, 22 de noviembre de 2020

Novembro Mes da Ciencia

 NOVEMBRO MES DA CIENCIA

No CPI A Xunqueira non queremos deixar pasar o mes de novembro sen falar de ciencia. Unha das noticias científicas dos últimos meses foi o proxecto da  NASA  de voltar á Lúa, o noso satélite. 

No Club de Ciencias do noso cole ocorréuselles unha pregunta: 

Que levarías ti á lúa? 

 

Anímate e axúdanos a respostarlle.

Se tes dúbidas, para saber que levar podes informarte sobre a lúa e o espazo nalgún destes enlaces:

NASA 

10 Cosas: Lo que aprendemos sobre la Tierra estudiando la Luna  

Lab RTVE Qué sabes sobre la Luna 

Astromia

viernes, 20 de noviembre de 2020

Erasmus +

 En outubro tamén botaron a andar moitas actividades relacionadas coas tecnoloxías e a programación: 

- Continúa o proxecto Erasmus + de Intelixencia Artificial no que participa alumnado e profesoras do noso colexio. Aquí vos deixamos o enlace ao vídeo do seu proxecto para o Maker Faire 2020

https://fb.watch/1GiN0_rkio/

- Participación do alumnado na Codeweek

Versos do desasosego

 

No hay ninguna descripción de la foto disponible. 

 Neste outono do 2020 chegou ás estanterías da nosa biblioteca un novo poemario: Versos do desasosego. A chegada dun novo libro sempre é un momento de ledicia e neste caso moito máis xa que a súa autora, Ana Barral,  foi profesora de Lingua Galega no noso cole durante moito tempo, A autora tivo a deferencia de enviarnos un exemplar firmado de agasallo. Parabéns a Ana por esta publicación. 


*** Imos ler estes versos no club de lectura. Esperamos poder comentalos con Ana ....


LECTURAS COMPARTIDAS

LECTURAS COMPARTIDAS

Un ano máis, o alumnado de 5º e 6º quere compartir o gusto pola lectura co alumnado de infantil do noso colexio. 

Este curso as lecturas hainas que facer por videoconferencia para manter os grupos burbulla e as medidas sanitarias adoptadas para a prevención da Covid-19.

Aínda así está a ser unha experiencia motivadora para o alumnado participante que esperamos que continúe todo o curso.  

Alumnas e alumnos de 5º de primaria contan un conto aos alumnos e alumnas de 5º de Infantil.

 

Alumnado de 6º de primaria conta o conto de “Os Tres Porquiños” aos nenos e nenas de Infantil.  

 

 

Xubilación de Eugenio


Este curso iniciouse con moitas novidades no noso cole. A parte de todos os cambios provocados pola pandemia da Covid 19, no noso cole xubilouse o que foi o noso conserxe nos últimos  30 anos.

Queremos agradecerlle o seu traballo e dedicación durante estes anos. Disfrutou tanto cos alumnos e alumnas coma na organización das actividades, propoñendo ideas e implicándose na actividade que un centro educativo ten diariamente (que non é pouca). E nós atopamos nel sempre unha persoa disposta a botar unha man en todas as propostas que lle fixemos. 

Para despedilo, o alumnado de 3º de Primaria fíxolle unha entrevista na biblioteca. Aquí vola deixo para que a disfrutedes


Moitas grazas Eugenio por facer o noso traballo un pouco máis sinxelo. 

Moita sorte nesta nova etapa. Aquí deixas un recordo estupendo.

 

SAMAÍN NO CPI A XUNQUEIRA

 

 

👻💀📖🌰🍁

O noso alumnado festexou o samaín nas aulas e elaborou vídeos. 

Decoraron as aulas e caracterizáronse para a ocasión. 


Achégovos aquí un enlace a  estes  

videos do Samaín





Déixovos aquí para finalizar un video que fixeron os nenos e nenas de infantil do noso colexio.