DESCUBRE FENE

miércoles, 23 de abril de 2025

23 de abril 2025 Roteiro literario 2025

Malpica de Bergantiños - Buño - muíños de Ardeleiro - San Hadrián do Mar 
 Neste curso queremos compartir co noso alumnado colaborador de biblioteca e participante do Club de lectura un roteiro literario que pensamos vai resultar moi interesante. Ligamos esta viaxe coas Letras Galegas, dando a coñecer cantigas e coplas populares que as nosas cantareiras mantiveron vivas ata hoxe en día. Queremos poñer en valor as cantareiras de Mens, de aí que a nosa ruta se desenvolva por esa zona. O alumnado visitará lugares emblemáticos e cantará ou recitará pezas referidas a esa zona. 

Foi un día ben fermoso


Igrexa de Mens - Malpica de Bergantiños 


  Lectura de coplas de Asunción Garrido. Do lugar de Asalos, en Mens, Malpica

Enlace ao vídeo dos nenos de 4º EP lendo coplas de Asunción Garrido diante da igrexa de Mens


https://drive.google.com/file/d/1x6aOld_u8CLtU-y7uznB0WpEFlhiuGem/view?usp=sharing



Buño Ecomuseo. Visita guiada ao Ecomuseo Forno do Forte en Buño e obradoiro de olaría. 


 Lectura de coplas de Asunción Garrido e doutros informantes


Resultado do obradoiro, agora só queda que seque e logo pintar con cores.




Enlace ao vídeo das lecturas das coplas por parte dos nenos de 6º EP


                         https://photos.app.goo.gl/ZuBeoF4q3uoo2bAo9



Descanso en Buño antes de comer



    Lectura dos nenos de 5º EP sobre os muíños

Malpica de Bergantiños.  
Comida na praia. 

                 
                              Coplas das lavandeiras de Sillobre no Lavadoiro de Malpìca



Enlace ao vídeo dos nenos de 3º de EP cantando as coplas das lavandeiras de Sillobre


  
 Santuario de San Hadrián do Mar 

Lectura da Lenda de San Hadrián
Enlace ao vídeo dos nenos de 1º ESO  contando a lenda de San Hadrián


 
Rematando o día para volver á casa.


martes, 8 de abril de 2025

A Casa de Bernarda Alba

 Hoxe, martes 8 de abril, tivemos a sorte de ter no CPI A Xunqueira ao Grupo de Teatro Xosemaría Pérez Parallé representando o clásico de Federico García Lorca "A Casa de Bernarda Alba"

O noso alumnado da ESO non perdeu detalle da representación e saíron encantados. 

Dámoslle as grazas aos membros deste grupo de teatro por achegar un clásico da literatura española e universal ao noso alumnado. Nesta obra ademáis, atopamos temas de grande actualidade como a liberdade persoal, as normas e as convencións sociais, ... que seguramente nos axudarán a reflexionar e a medrar como persoas. 

Esperamos que esta sexa a primeira vez de outras moitas. 























martes, 1 de abril de 2025

Radio na biblio

O alumnado de primaria sempre está disposto a participar na Radio escolar.