DESCUBRE FENE

sábado, 31 de mayo de 2025

Festa biblioteca

 Un ano máis quixemos agasallar ao noso alumnado colaborador de biblioteca e alumnado participante dos distintos clubs de lectura cunha festa para agradecer o seu traballo. Houbo diplomas, un pequeno agasallo, comida e música. 

O vindeiro curso agardamos por vós. Moitas grazas



sábado, 17 de mayo de 2025

Letras Galegas 2025 As cantareiras



Dende a biblioteca quixemos homenaxear ás cantareiras e pandereiteiras que mantiveron viva a tradición e, polo tanto, a lingua ata hoxe. Deixamos unha mostra dos libros cos que puidemos recoñecer moitas das coplas que hoxe cantamos.







Algunha mostra do traballo dos rapaces e rapazas de 1º ESO




Así prepararon o baile. 
Gandes bailadoras e bailadores


domingo, 11 de mayo de 2025

Viaxe a Celanova 8 e 9 de maio de 2025


O alumnado de 2º da ESO fixo a visita a Celanova como vén facendo dende hai uns anos. É unha viaxe moi interesante pois combina música - literatura - deporte.
 Nos días previo, o alumnado prepara unhas pezas de música que logo toca con acompañamento de órgano no mosteiro; visita a biblioteca, a casa dos poetas e Vilanova dos Infantes, sempre acompañadas das lecturas que prepararon nas clases. Logo, como remate da viaxe, unha andaina polo Xurés con remate nas augas quentes para recuperar o corpo.







 












                      

 Enlace aos vídeos https://photos.app.goo.gl/QXc5wZ8SfS9A1Et46