Nesta última semana estamos a celebrar unha morea de actividades no noso centro.
Hoxe xoves 18 de decembro, a empresa Picariños (da man da ANPA do noso centro), trouxo moitas propostas divertidas que levou a cabo co noso alumando de Infantil e Primaria.
En infantil desfrutaron da visita do Apalpador, contos, baile e música.
Tamén en primaria houbo baile, música, talleres, ... Pasaron a mañá xogando.
Hoxe tamén alumnado da ESO saiu polo barrio cantar o Nadal aos veciños. Visitaron Aspanaes, o CPS e o Bar Novo entre outros.O venres 19 de decembro hai moitas actividades programadas:
Os paxes reais visitarán ao alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria
Despois todo o colexio baixará ao ximansio onde entregaremos os premios do concurso de postais de Nadal e comeremos as "uvas de fin de ano" coas badaladas das 12.
Haberá festa nas aulas e baile de fin de ano no ximnasio.
Aproveitamos para desexarlle a toda a comunidade educativa da Xunqueira un
Bo Nadal e Feliz Ano 2026

