viernes, 31 de mayo de 2024

Festa biblioteca

Como remate do curso Festa na biblioteca para o alumnado colaborador e participante do Club de lectura.

Foi un pracer contar con vós, agardamos que o ano que vén esteades aí para seguir colaborando. 

Grazas!!! 













martes, 21 de mayo de 2024

Roteiro Celanova

 Un ano máis o alumnado de 2º ESO participou no roteiro por Celanova. Alí puideron admirar o mosteiro e tocar unha peza coa organista. Houbo lectura de poemas de Curros , Celso Emilio e Ferrín polas zonas emblemáticas da vila e casa dos poetas. Visita a Vilanova dos Infantes, camiñada polo Xurés... moi completo.


















viernes, 17 de mayo de 2024

Día das Letras Galegas

 17 de maio de 2024, Día das Letras Galegas dedicado a Luísa Villalta.

Como todos os anos fixemos un concurso de marcapáxinas para o alumnado de primaria e secundaria. Nas clases traballouse a figura da homenaxeada e o alumnado de 2º ESO elaborou unhas presentacións sobre a súa vida e obra.
















O alumnado de primaria e secundaria tamén participou nuns obradoiros de baile tradicional da man da AC Donaire da Coruña. A actividade estivo organizada polo EDLG e o departamento de música.
























Obradoiro de baile tradicional








lunes, 13 de mayo de 2024

Ponte nas ondas!

 O alumnado colaborador de primaria e secundaria participou nun novo obradoiro de radio organizado por Ponte nas ondas!

Neste curso puxeron en práctica novas técnicas de locución e de elaboración de podcast.






lunes, 6 de mayo de 2024

Torneo de xadrez

 O alumnado de primaria e secundaria participou nun torneo de xadrez durante os recreos. Estivo moi animado.



Obradoiro de teatro lido

 

 Os días 23 de Abril e 6 de Maio tivemos o pracer de recibir no noso colexio a Charo Pita. Imparteu un obradoiro de teatro lido para os colaboradores da biblioteca e da radio escolar dos niveis de 5º e 6º de primaria e da ESO. 

Aprendemos moito coas súas ensinanzas e pasámolo moi ben.