O Samaín xa está aquí
miércoles, 28 de octubre de 2026
viernes, 23 de octubre de 2026
Concursos polo Samaín 2026
Un ano máis xa estamos no final de outubro e celebramos o outono coa festa do Magosto e o Samaín.
No CPI A Xunqueira o equipo de normalización lingüística e o equipo de biblioteca estamos a preparar un montón de actividades:
Exposición de libros e produtos de outono, magosto o día 30, ...
Queremos invitarvos a participar en dous concursos que xa levamos uns anos celebrando
CONCURSO DE CABAZAS
As cabazas deben vir acompañadas dun carteliño con nome e curso
CONCURSO DE DEBUXOS DE SAMAÍN E DE TERROR
viernes, 16 de octubre de 2026
Limpeza da praia do Regueiro
Hoxe venres, 16 de outubro, alumnado da ESO do CPI A Xunqueira participou na XV Limpeza Simultánea de Praias convocada por ADEGA
Todos xuntos aprenderemos a importancia de coidar do noso entorno, para poder disfrutar dos espazos que nos rodean.
Recollemos un morea de refugallos: restos de alfombras, unha roda de coche, botellas de plástico e cristal, restos plásticos, ...
Agradecemos ao noso alumnado a boa disposición para participar nesta campaña de coidado dos nosos areais.
jueves, 15 de octubre de 2026
Preparando o Club de lectura
Os colaboradores están a organizar todo o necesario para que en breve comece o Club de lectura deste curso 2026-27.
O Outono na biblioteca
"O outono xa chegou,
as folliñas caen e cambian de cor...
Imos enredar coas follas:
verdes, laranxas e amarelas!"
miércoles, 30 de septiembre de 2026
Colaboradores
Os nosos colaboradores xa están poñendo a punto a biblioteca.
Logo da formación de usuarios, a biblioteca vai collendo vida.
viernes, 11 de septiembre de 2026
Benvidos ao novo curso 2026-27
No CPI A XUNQUEIRA estamos a iniciar un novo curso.
A nosa biblioteca ponse en marcha chea de novas ideas e con moita ilusión.
Este curso os noso proxectos e actividades xirarán en torno ao Mundo Rural, onte e hoxe.
Iremos da man de autores como Xosé Neira Vilas e o seu personaxe Balbino para coñecer o mundo que nos rodea máis aló da nosa rúa.
Aproveitamos para desexarvos a todos un feliz curso 2026-27
lunes, 15 de junio de 2026
Cadernos de cine
Xa para rematar o curso engadimos dous traballos novos dos nosos colaboradores máis cinéfilos, Martín e Meli que estiveron traballando coas películas Hoppers e Super Mario Galaxy
viernes, 12 de junio de 2026
Obradoiro de Podcast
lunes, 8 de junio de 2026
Material elaborado por Martín, Meli e Nerea
Cada mes unha película e un proxecto variado. Moito traballan, pero gozan moito co que fan.
miércoles, 3 de junio de 2026
Recomendacións lectoras para o verán
Os nosos colaboradores fixeron unha escolla de libros para ler no verán.
Primeiros lectores:
Lectura xuvenil:
Novela gráfica para todos os públicos:
lunes, 1 de junio de 2026
Festa na biblioteca 2026
Aquí deixamos un álbum con fotos onde podemos ver o ben que o pasamos.sábado, 30 de mayo de 2026
Materiais elaborados polo alumnado de 5º de EP en colaboración con Berta e co alumnado con NEAE
Trátanse de presentacións en lingua clara, sinxela e accesible, elaboradas arredor de diferentes espazos e proxectos do centro e da contorna, dentro dunha proposta de traballo inclusiva e colaborativa.
Material bonito para dar visibilidade ao traballo do alumnado e á importancia da accesibilidade e da inclusión nos recursos educativos.
viernes, 22 de mayo de 2026
Concurso de marcapáxinas Letras Galegas 2026
O alumnado de primaria e secundaria participou no concurso de marcapáxinas que todos os anos se celebra no centro, organizado polo Equipo de Normalización Lingüística.
Estes foron os premiados.
Carla, alumna de 4º EP
Vinicius, un alumno de 1º ESO


























.png)










.jpg)


