viernes, 30 de enero de 2026
Día da Paz
Como todos os anos na Xunqueira celebrouse o Día da Paz coa xa tradicional solta de pombas, cancións e murais que recordan a necesidade da non violencia en todos os ámbitos da vida e non só neste día.
Logo do traballo na aula, cada curso cubriu o seu listado de peticións e compromisos
En primaria tamén adornaron as portas das aula
E logo chegou o momento de soltar as pombas e cantar todos xuntos a canción da Paz escrita para este díaviernes, 23 de enero de 2026
Obradoiro de bonecas de follas de millo
O alumnado de 3º e 4º de EP participaron dun obradoiro de elaboración de bonecas de follas de millo de man das Lolas da Cascarilla, unhas mulleres de San Sadurniño que recuperaron este labor que de nenas facían coas súas nais.
As bonecas son ben bonitas
miércoles, 14 de enero de 2026
O barrio de San Valentín
Hoxe Martín e Meli foron falarlle aos nenos de 5 EP sobre o barrio de San Valentín. Fixeron unha presentación moi interesante sobre o nacemento e desenvolvemento do barrio do noso cole.
Moitas grazas
viernes, 9 de enero de 2026
Lecturas compartidas
En xaneiro comezan as lecturas compartidas
O alumnado de 5º e 6º de EP comparten lecturas co alumnado de EI.
A lectura e a dramatización de contos espertan nos máis novos o entusiasmo pola lectura.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















