martes, 30 de mayo de 2023

Sesión de contacontos para 1º e 2º de primaria

 O alumnado de 1º e 2º de primaria tivo unha sesión de contacontos realizada polo ilustrador Benxamin Míguez que con debuxos e caricaturas foilles contando aos rapaces unha historia.

Foi moi entretido!




miércoles, 17 de mayo de 2023

17 de maio, Día das Letras Galegas

 Día das Letras Galegas dedicado a Francisco Fernández del Riego
































O alumnado de secundaria participou na elaboración de marcapáxinas. O gañador foi o que logo se imprimiu para dar a toda a comunidade educativa.



Este foron os marcapáxinas deseñados polo alumnado de secundaria:


Así quedou o mural que o alumnado de primaria fixo para destacar a figura de Fernández del Riego. Traballo coordinado  dende o Equipo de Dinamización Lingüística:




Alumando de 1º da ESO elaborou presentacións sobre a figura de Fernández del Riego.

https://1drv.ms/f/s!AkID6HOdU9Txog_Fxn7jxlrrgTEQ?e=SGAPe2

 Eses traballos serán gravados na radio escolar para que poidan ser escoitados na canle de Ivoox .

viernes, 5 de mayo de 2023

A radio

 A radio segue a ser un compañeiro de traballo inseparable. O alumnado participa activamente sempre que pode. Moitos dos seus proxectos son  gravados e moitas veces prescinden do seu tempo de recreo para facelo.



 

miércoles, 3 de mayo de 2023

Asociación Cometa

 Despois da lectura do libro Quen salva un can de Érica Esmoris, no centro decidimos que era boa idea falar cunha protectora de animais da zona para que viñesen falar do seu traballo e darnos as claves para poder ser colaboradores na protectora e comprender un pouco mellor os animais e como debemos tratalos.


Partindo de fragmentos do libro de lectura que previamente o alumnado leu, ofrecéronnos unha charla didáctica.