Hoxe venres, 16 de outubro, alumnado da ESO do CPI A Xunqueira participou na XV Limpeza Simultánea de Praias convocada por ADEGA
Todos xuntos aprenderemos a importancia de coidar do noso entorno, para poder disfrutar dos espazos que nos rodean.
Recollemos un morea de refugallos: restos de alfombras, unha roda de coche, botellas de plástico e cristal, restos plásticos, ...
Agradecemos ao noso alumnado a boa disposición para participar nesta campaña de coidado dos nosos areais.

No hay comentarios:
Publicar un comentario