jueves, 16 de octubre de 2025

Limpeza da praia do Regueiro

 Un ano máis, participamos na Limpeza Simultánea de Praias convocada pola asociación ecoloxista ADEGA. 



 Este ano limparemos a praia do Regueiro o día 17 de outubro coa axuda do alumnado de 1º de ESO.

Queremos agradecer a colaboración do concello de Fene que nos proporciona luvas, bolsas do lixo e contedores para botar todo o recollido.

domingo, 14 de septiembre de 2025

miércoles, 18 de junio de 2025

Os vellos non deben de namorarse

 

O alumnado de 4º da ESO de proxecto competencial, representou a obra de Castelao para todo o centro. Unha forma moi  agradable de rematar o curso!!

Os vellos non deben de namorarse


Como broche final dous alumnos de 1º e 4º da ESO, Éric e Manuel agasalláronnos cunha actuación dun dos seus artistas preferidos, Melendi


lunes, 16 de junio de 2025

Ruta polos murais de Fene

 Para rematar o curso, no CPI A Xunqueira estamos organizando diferentes actividades culturais nesta última semana.

Unha delas é unha ruta polos murais que decoran as paredes da nosa vila. Nesta ruta estaremos acompañados por Ramón, un dos organizadores do Perla Mural Fest e por Moncho, colaborador do festival e antigo mestre do noso colexio, aos que lles agradecemos a súa colaboración. 


Aquí vos deixamos algunha información dos murais de Fene, para que os coñezades un pouco máis.

Ruta dos murais de Fene


Esperamos que vos guste a información e que a ruta sexa un éxito