martes, 8 de abril de 2025

A Casa de Bernarda Alba

 Hoxe, martes 8 de abril, tivemos a sorte de ter no CPI A Xunqueira ao Grupo de Teatro Xosemaría Pérez Parallé representando o clásico de Federico García Lorca "A Casa de Bernarda Alba"

O noso alumnado da ESO non perdeu detalle da representación e saíron encantados. 

Dámoslle as grazas aos membros deste grupo de teatro por achegar un clásico da literatura española e universal ao noso alumnado. Nesta obra ademáis, atopamos temas de grande actualidade como a liberdade persoal, as normas e as convencións sociais, ... que seguramente nos axudarán a reflexionar e a medrar como persoas. 

Esperamos que esta sexa a primeira vez de outras moitas.