sábado, 30 de mayo de 2026

Materiais elaborados polo alumnado de 5º de EP en colaboración con Berta e co alumnado con NEAE

  Trátanse de presentacións en lingua clara, sinxela e accesible, elaboradas arredor de diferentes espazos e proxectos do centro e da contorna, dentro dunha proposta de traballo inclusiva e colaborativa.

Material bonito para dar visibilidade ao traballo do alumnado e á importancia da accesibilidade e da inclusión nos recursos educativos.

martes, 26 de mayo de 2026

viernes, 22 de mayo de 2026

Concurso de marcapáxinas Letras Galegas 2026

 O alumnado de primaria e secundaria participou no concurso de marcapáxinas que todos os anos se celebra no centro, organizado polo Equipo de Normalización Lingüística.


Estes foron os premiados.


Carla, alumna de 4º EP














Vinicius, un alumno de 1º ESO

miércoles, 20 de mayo de 2026

Roteiro literario Álvaro Cunqueiro

 As terras de Mondoñedo, Viveiro e Ortigueira foron as protagonistas do Roteiro literario deste curso 2025-26. Colaboradores da biblioteca e participantes do Club de lectura descubriron a figura de Álvaro Cunqueiro recorrendo lugares emblemáticos que rodearon a súa vida.

Lectura na praza da Catedral, visita á Catedral e museo Álvaro Cunqueiro.




Comida en Viveiro e parada en Ortigueira.


Album coas fotos do roteiro.



domingo, 17 de mayo de 2026

Letras Galegas 2026

 Como grandes investigadores que son, Meli e Martín estiveron traballando o Día das Letras Galegas 2026, dedicado a Begoña Caamaño.


Na biblioteca houbo exposición das obras de Begoña Caamaño e dos libros que sobre a súa figura foron publicados.

Nas aulas fixéronse exposicións e leron fragmentos da súa obra.

viernes, 15 de mayo de 2026

II Faladoiro CPI A Xunqueira

Como preludio ao Día das Letras Galegas, celebramos o II Faladoiro do CPI A Xunqueira coordinado por Luísa e Uxío.

De novo, alumnado de Primaria e ESO puido empregar a nosa lingua nun espazo confortable e seguro para comunicarse con persoas de diferentes idades, voluntarias que fixeron posible isto.

Integramos as actividades na contorna, fomentamos a inclusión e fixemos comunidade ao colaborar con diferentes colectivos e entidades: Aspaneps, Lavandeiras de Sillobre, familias da escola, Centro de Promoción Social, exalumnado e profesorado xubilado do centro, o antigo alcalde de Fene ...e sempre en galego!


 


domingo, 10 de mayo de 2026

Celanova 2026

 O alumnado de 2º da ESO realizou unha saída a Celanova durante os días 6, 7 e 8 de maio. Esta é unha visita moi completa que o noso centro realiza todos os anos. 

Visita guiada por Celanova e Vilanova dos Infantes. Aquis Querquenis e Santa Comba de Bande. Kayat no encoro. Ruta de sendeirismo polo parque do Xurés.