domingo, 26 de octubre de 2014

DÍA DE LA BIBLIOTECA


 El 24 de octubre y por iniciativa de la Asociación Española de Amigos del Libro Infantil  se celebra el DÍA DE LA BIBLITOECA como homenaje y reconocimiento a la labor que desempeñan los bibliotecarios.

Día de la biblioteca 2014
Nesta data, e diante dos momentos de cambios que sofren as bibliotecas, pode ser útil volver aos principios e lembrar ao matemático e bibliotecario hindú, Shiyali Ramamrita Ranganathan, quen en 1931 enunciou "as 5 leis da biblioteconomía":
  1. Os libros están para usarse.
  2. A cada lector o seu libro.
  3. A cada libro o seu lector.
  4. Hai que aforrar tempo ao lector.
  5. A biblioteca é un organismo en crecemento.
Que non lle falten libros ao noso alumnado, que teñan tempos e oportunidades para usalos, que cada rapaz, cada rapaza, atope o libro (ou á persoa) que o vincule á lectura "de por vida", e que as nosas bibliotecas escolares sigan vivas e sigan a desenvolverse en todos e cada un dos centros educativos de Galicia.

domingo, 19 de octubre de 2014

PREPARANDO O SAMAÍN: RECURSOS

Volve a noite dos mortos...

Está a piques de chegar de novo o Samaín, unha festa de orixe celta que os EEUU popularizaron como Halloween e difundiron a través do cinema.
Os antigos celtas dividían o ano en dúas metades: unha luminosa, de fartanza, calor e verán , e outra  escura, de escaseza, frío e inverno.
No medio das dúas quedaba a noite de Samaín, unha noite máxica na que os espíritos malignos quedaban ceibes e os defuntos visitaban as casas.Coa chegada dos romanos e máis tarde do cristianismo, a maior parte das tradicións pagás foron alteradas  ou prohibidas. A noite converteuse na de Todos os Santos, aínda que pola costa atlántica de Europa perviviu  o costume de lembrarse dos mortos e a crenza de que as meigas elixían o 31 de outubro para realizar os seus aquelarres.
En Irlanda, as vellas tradicións conserváronse durante toda a Idade Media, e foron os inmigrantes irlandeses os que levaron os vellos costumes aos Estados Unidos.

MATERIAIS PARA CELEBRAR O SAMAÍN



O Samaín é unha tradición galega de orixe celta que se perde na noite dos tempos.
Predecesora da festa de Halloween, recuperouse hoxe en día grazas ao traballo realizado en moitas escolas e concellos de Galicia.

A continuación vos deixo unha serie de recursos e enlaces para traballala nas aulas. Algúns son específicos do Samaín e outros para Halloween, aínda que igualmente aproveitables


Recursos atopados no blog http://orientacioncondesa.blogspot.com.es/


Vieiros da escolaPáxina xestionada por Nova Escola Galega con información sobre esta celebración
Xogos e actividades para o SamaínEEII do Grupo de Marín
Web de NorbertoPáxina na que podedes atopar recursos e enlaces para traballar o Samaín na aula
BibliotecaMestres Goldar




CEIP Víctor Sáenz
Recursos para traballar o Outono, o Magosto e o Samaín



Recursos para traballar o Magosto
Actividades LIMActividades para o Outono e o Samaín
Manualidades Infantil 







Decora a casa da pantasma
Neste blog atoparedes moitas ideas para realizar traballos de plástica para decorar a escola




Sinxela aplicación que permite decorar acasa das pantasmas
Halloween: Wanda Witch's HouseAplicación da Junta de Castilla y León para a clase de inglés
Happy Halloween!Actividades sobre a festa de Halloween organizadas en tres niveis de dificultade. Da páxina de recursos do Gobierno de Canarias
Profes.netPropostas desta páxina de actividades para infantil e primaria
Lola Pirindola






Pinta a túa propia cabaza



Vestir de Halloween
Enlace a esta páxina cunha aplicación para facer escenarios interactivos



Aplicación para decorar cabazas




Aplicación para vestir ao boneco para a festa de Halloween
MATERIAIS CON TEMÁTICA HALLOWEENEnlace á páxina de Orientación Andújar cun recompilatorio de materiais que empregan debuxos relacionados con esta festa
RECURSOSEPNeste enlace podedes atopar multitude de recursos para celebrar Halloween, así como enlaces a outras páxinas




CLAN TVEspecial Halloween desta cadena con vídeos e xogos 





MARCAPÁXINAS: Na páxina de Isidro Burgos atopei estes marcapáxinas de Halloween coas táboas de multiplicar




Tamén, moi apropiados para estes días, son os marcapáxinas monstruosos. Nesta entrada do blog Lapicero Mágico, a súa autora explica como facelos 




Máis recursos...






Halloween para niños: wix con información, cancións, contos, bailes...  para traballar no día de Halloween en todas as etapas


Happy Halloween!: xogo para tirar cabazas aos monstros










Halloween vocabulary: libro interactivo en inglés para  aprender vocabulario

PELÍCULAS DE MEDO
O FEITIZO DO SAMAÍN
MAIS RECURSOS PARA O SAMAÍN

http://espeteacher.edu.glogster.com/halloween-2014/


domingo, 21 de septiembre de 2014

BIBLIOTECA ESCOLAR......MATEMÁTICO!!!!


Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido este ano para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa así a liña iniciada no pasado curso, coa que se pretende incidir na función da biblioteca como apoio ás necesidades das distintas áreas de aprendizaxe. Nesta ocasión, o lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean. 
O ilustrador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña e velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado. 

JUEGO MATEMÁTICO (TANGRAN CHINO)

PINCHAR EN LA IMAGEN Y ANIMAROS A JUGAR

miércoles, 11 de junio de 2014

miércoles, 4 de junio de 2014

ENTREVISTA DOS NENOS DE 3º E.P.

OS NENOS/AS DE 3º E.P. FIXÉRONLLE UNHA ENTREVISTA A EUGENIO O CONSERXE DO COLEXIO.
 FELICITALOS POLO BEN QUE O FIXERON E DARLLE AS GRAZAS A EUXENIO POLA SUA COLABORACIÓN

martes, 3 de junio de 2014

POESÍA PAULA CARBALLEIRA

 PAULA CARBALLEIRA "UNHA NOITE".

UNHA NOITE SOÑEI COA ÁFRICA
NO MEU SOÑO NON HABÍA ELEFANTES
NIN CEBRAS
NIN MONOS
NIN XIRAFAS
NIN LEÓNS
NO MEU SOÑO HABÍA UN NENO
UN NENO QUE SORRÍA
UN NENO QUE DICÍA:
"ESTA É A MIÑA TERRA
A TERRA MÁIS BONITA DO MUNDO
A TERRA DA QUE NINGUÉN SE LEMBRA
PERO EXISTE
E EU VIVO AQUÍ
VEN VISITARME CANDO QUEIRAS"
                                                                                                            PAULA CARBALLERIA


domingo, 18 de mayo de 2014

VISITA DE XAQUÍN MARÍN

Os nenos/as do 2º e 3º ciclo de E.P. disfrutaron da visita de Xaquín Marín. Coñeceron a súa traxectoria como humorista gráfico ilustrador e escritor.



Os nenos/as de 3º E.P. realizaron uns debuxos sobre o libro escrito e ilustrado por Xaquín Marín "A tartaruga"

martes, 13 de mayo de 2014

O NENO E A ESTRELA


O protagonista desta historia é Díaz Castro de neno. No conto, o poeta atopa unha estrela que cae do ceo nun pozo de auga da súa aldea de Guitiriz e vai devolvela ao seu lugar no universo.
 Clicade na imaxe:

Grazas a Silvia, do blogue EXPLORAMOS O MUNDO COS CINCO SENTIDOS que constitúe un fermoso achegamento á figura do poeta XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO .

lunes, 5 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Recursos do seminario Galán tanto para imprimir como para traballar online.


http://seminariogalan.org/inicio/portada


Un xogo de Ana Martínez co que podedes repasar a biografía de XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.


MÁIS ACTIVIDADES CO GALO DAS LETRAS GALEGAS

lunes, 21 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

 23 de abril: Día Internacional do Libro e os Dereitos de Autor


PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO RECORDAREMOS 
            OS CONTOS POPULARES

FARÁSE UNHA EXPOSICIÓN DE CONTOS POPULARES.
CADA CLASE ELIXIRÁ UN CONTO QUE LERÁN ENTRE TODOS NA BIBLIOTECA.







miércoles, 2 de abril de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

 


2 de abril, o Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra en conmemoración do nacemento de Hans Christian Andersen, autor de clásicos como El Patito Feo, La Sirenita, El Soldatito de Plomo...  Tódos os anos, a IBBY (Internacional Board on Books for Young People) encarga unha imaxe e un texto a un autor dun país en concreto. Desta vez son irlandesas os autoras que poñen rostro e voz ao libro infantil e á lectura como actividade esencial na formación das persoas: Siobhán Parkinson é a autora do texto "Carta aos nenos do mundo" e Niamh Sharkey ilustra o cartel conmemorativo.

IBBY está compostar por máis de sesenta Seccioóns Naciois e, cada ano, unha destas seccións convértese na patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e Xuvenil. A misión que ten esta sección é seleccionar un autor e un ilustrador recoñecidos do seu país para que escriban unha mensaxe para os nenos e deseñen un cartel, respectivamente. Este ano, Irlanda foi a sección encargada de patrocinar este día e elixiu á autoraSiobhán Parkinson para escribir a mensaxe e á ilustradora Niamh Sharkeypara elaborar o cartel.


martes, 1 de abril de 2014

2 DE ABRIL DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO




ENTREVISTA A JAVIER TAMARIT
Director da área de Calidad de Vida de FEAPS. Traballa dende 1977 no mundo da discapacidade intelectual ou do desarrollo, especialmente no campo dos Trastornos do Espectro de Autismo (TEA).

FACEDE CLIC NA IMAXEN PARA ACCEDER A ENTREVISTA


PARA OS MAIS PEQUENOS ESTE VIDEO DE CAILLOU