jueves, 11 de febrero de 2021

Entroido 2021 no CPI A Xunqueira

 

Un ano máis chega o Entroido ao CPI A Xunqueira.

Este ano, a pesar da pandemia, imos celebrar esta festa tan galega.

Pero farémolo dun xeito un pouco diferente, a través dun concurso virtual de coplas do Entroido ao que nos convoca o Equipo de Normalización Lingüística do noso cole. 

 


 

Cada día cumprimos co mandato do Meco neste Entroido 2021 

O alumnado de secundaria escribiu unhas coplas 

   

Tríptico coplas secundaria


Todos os nosos alumnos e alumnas festexaron o Entroido nas súas aulas. Tivemos que prescindir do desfile polo barrio, pero deixámosvos aquí o os vídeos que gravaron para que os desfrutedes.


Día da Paz 2021 "Construíndo o muro da paz"

 

 

Un ano máis celebramos o Día da Paz no Cpi a Xunqueira.

Este ano foi un pouco diferente debido ás medidas de prevención da Covid 19, pero aínda así fixemos unha morea de actividades. 

Os nenos e nenas de infantil e primeiro e segundo de Primaria leron o libro Un abrazo para púas e comentárono nas aulas.


 

Os grupos entre terceiro e sexto de Primaria e os grupos da ESO visionaron o documental   “Binta y la gran idea” e reflexionaron sobre el. 


 

Todo o alumnado decorou un bloque ou ladrillo cunha idea sobre a paz. Cada clase compartirá os seus bloques formando o Muro pola Paz do CPI a Xunqueira nos corchos dos corredores. 









 Os nenos e nenas de infantil e primaria aprenderon a canción What a wonderful world   

Fixeron unha coreografía e saíron ao patio bailar todos xuntos pola paz o venres 29 de xaneiro ás 13:00 horas. 

Aquí vos deixo o vídeo que fixemos





Viaxe á lúa

 


Este curso, en novembro, mes da ciencia en galego, fixámonos na Nasa e na viaxe que está preparando para ir á lúa no ano .

Preguntámoslles aos nosos alumnos e alumnas qué cousas levarían á lúa se formaran parte desa expedición da Nasa. 

O club de ciencia publicou no seu blog as aportacións que nos fixeron os nenos e nenas do noso cole. 

Hai algo de todo!!!

Fai clic neste enlace que che deixamos aquí e verás toda a información no blog do club de ciencia.

Qué levarías á lúa 

















 









 

Kamishibai La Casita de Chocolate

 

O alumnado de sexto de primaria elaborou un novo kamishibai para contarlles aos nenos e nenas de infantil o conto La Casita de Chocolate.

Espero que vos guste cómo lles quedou.

Aquí tedes o vídeo.



Kamishibai Hola Foca

 

Os nenos e nenas de sexto de primaria contan o conto Hola Foca ao alumnado de infantil.

Déixovos aquí o vídeo da súa representación co Kamishibai.

Esperamos que o disfrutedes!!



Kamishibai Hola Tortuga

 



O noso alumnado de sexto de Primaria creou un novo conto para facer as ledicias dos máis pequenos. 

Nesta ocasión disfrutamos de Hola Tortuga.

Aquí vos deixo o vídeo. Esperamos que vos guste.



domingo, 24 de enero de 2021

Kamishibai Hola oso

 Hola oso


Esta é unha nova entrega do Kamishibai, elaborada polo alumnado de 6º de primaria para os seus compañeiros de infantil.

Espero que o disfrutedes tanto como os nenos e nenas do noso cole. 


 

Kamishibai el zapatero y los duendes

 El zapatero y los duendes

 

Aquí temos outro dos kamishibai elaborados polo alumnado de 6º para os seus compañeiros de infantil.

Aprendemos disfrutando, facendo e escoitando.

Espero que vos guste!!!! 


 
Aquí vos deixo o vídeo

 

 

Kamishibai El traje nuevo del emperador

 El traje nuevo del emperador



Os nenos e nenas de 6º de Primaria elaboraron outro Kamishibai. 

Nesta ocasión titúlase El traje nuevo del emperador. 

Espero que vos guste!!!!!

 

 



Kamishibai Garbancito

 GARBANCITO

 

Unha vez máis, o alumnado de 6º de Primaria elaborou un Kamishibai para o alumnado de infantil.

Nesta ocasión trátase da obra Garbancito. 

Os nenos e nenas de infantil disfrutaron enormemente visionando o que lles tiñan preparado os seus compañeiros maiores. 

Espero que vos guste a vós tamén.

 

Este é o vídeo do Kamishibai Garbancito




 

sábado, 2 de enero de 2021

Festexamos o Nadal: árbore e vídeo de infantil e conto do Apalpador

 


 Os nenos e nenas de Infantil do noso cole tamén festexaron o Nadal cantando e bailando. 

Elaboraron unha árbore de Nadal e fixeron un vídeo



Aquí nos deixan o seu video. Espero que vos guste!!!


 Os compañeiros de Quinto de primaria contaron o conto do Apalpador.