martes, 4 de mayo de 2021

Encontro online con María Canosa

 

Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria leron o conto Unha fábrica de bicos de María Canosa. O martes, 4 de maio, tiveron a sorte de poder compartir compartir con ela os segredos que agocha este libro, así como outros moitos. Un pracer contar con ela de novo entre nós. Grazas polo teu tempo!!










 Tedes máis imaxes no Facebook do noso colexio. Podedes velas pinchando aquí

martes, 27 de abril de 2021

Encontro online con Ledicia Costas


  

Os nosos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria leron o libro Vampira de biblioteca de Ledicia Costas e este martes, 27 de abril, tiveron a marabillosa oportunidade de compartir coa súa autora as súas impresións e escoitar as fermosas cousas que tiña para lles contar. Grazas Ledicia por compartir con nós o teu tempo. 









 Podedes ver máis imaxes no Facebook do noso cole pinchando aquí.

viernes, 23 de abril de 2021

FELIZ DÍA DO LIBRO 2021!!!!

 

 Este curso para celebrar o día do libro propuxémoslle ao noso alumnado que pensaran sobre o libro que máis lles gustou, o que máis lles influiu, o que recordan con máis agarimo, ...

Coas súas aportacións debuxamos estanterías cheas de libros que encheron os nosos corredores e aulas. 

O alumnado de infantil elaborou un verme lector, flores con frases e libros, estanterías de libros, ...





Aquí están as estanterías de Primaria




E as de secundaria








 






Tamén nos contaron en varios vídeos opinións sobre os seus libros preferidos. 



 

 




jueves, 22 de abril de 2021

DIA DA TERRA 22/04/ 2021


 

Hoxe é o día adicado pola ONU ao noso planeta. Queremos recordar dende o noso cole a importancia de respectar o lugar onde vivimos para non acabar destruíndoo. 

Aquí vos deixamos o enlace  á información que publica a ONU na súa web relacionada co tema deste día.  Día da terra na ONU

Temos que tomar conciencia da importancia de respectar o noso planeta e buscar o desenvolvemento de actividades sustentables. 

Nas redes sociais atopamos moita información sobre o tema.

Achegámosvos aquí unha publicación moi interesante sobre o tema. Nela preséntase de maneira clara cal é o problema e como podemos nós de maneira individual achegar a nosa aportación para mellorar a situación, rematando cun pequeno xogo. A súa autora é Sonia Cartón. Podes atopar a información no seguinte enlace:  Día da terra

viernes, 16 de abril de 2021

Día do libro: 23 de Abril


Imos un ano máis festexar o día do libro.

 Queremos facer unha proposta para toda a comunidade educativa: 

 


Animádevos a participar!!!

miércoles, 14 de abril de 2021

Visita virtual de Alfredo Gómez Cerdá e Héctor Cajaraville

 O mércores, 14 de abril, tivemos o enorme pracer de realizar dous encontros de escritores co noso alumnado. 

Neste curso, estes encontros estamos realizándoos de maneira virtual. Aínda así, supoñen un aliciente para o alumnado ao poder falar directamente cos autores dos libros que están a ler. 

Alfredo Gómez Cerdá recibeu o premio Fundación Cuatrogatos 2020 polo seu libro Ninfa rota. O alumnado de terceiro de ESO  e os  de oratoria de segundo de ESO participaron no encontro co escritor, despois de ler este libro. Foi un encontro moi interesante, no que o autor nos explicou como leva a cabo o proceso para escribir o libro, de onde saca as ideas, ...  e respondeu ás preguntas do noso alumnado.





 

Héctor Cajaraville é periodista e profesor de ensino secundario. O noso alumnado de segundo de ESO leu o seu libro A caixiña dos rancores, que recibeu o premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil  no ano 2015. Puido escoitar ao autor do libro e trasladarlle as súas preguntas. 


 

O alumnado agradeceu moito poder realizar estes encontros con escritores, xa que supón un complemento moi importante para a súa formación.