Función de teatro a cargo de 6º de Primaria. Representaron a obra Somos Monstros de Paula Carballeira.
Función de teatro a cargo de 6º de Primaria. Representaron a obra Somos Monstros de Paula Carballeira.
Aquí vos deixamos as imaxes desta liña do tempo sobre a exploración espacial.
O alumnado de 5º de Primaria leu o libro Vampira de Biblioteca, de Ledicia Costas, e tiveron un encontro virtual coa autora. Despois elaboraron uns traballos sobre o libro. Aquí volos deixamos para que os vexades.
Un ano máis chega o verán.
Este curso adicado ás xeografías lectoras na biblioteca escolar, animámosvos a viaxar no verán da man dun libro.
Podedes levar tres libros para o verán. Devolveranse en setembro cando comece o curso.
Animádevos a ler!!!!
O noso alumnado de 6º de Primaria achegouse ao camiño de Santiago ao seu paso polo noso concello e elaborou un traballo con banda deseñada. Participa na actividade "Viñetas no Camiño".
O noso alumnado, dentro da materia de Paisaxe e Sustentabilidade, participa no Plan Proxecta elaborando uns trípticos sobre os cambios nas paisaxes da contorna.
Cada alumno/a escolleu unha paisaxe representativa para el/ela e compararon a súa situación no século pasado e na actualidade. Elaboraron uns trípticos comparando as imaxes e resumindo as súas conclusións. Aquí vos deixamos algúns exemplos.
Kamishibai elaborado polo alumnado de 6º de primaria: Laura Blanco, Raquel Moure, Marcos Morado, Daniel pardiño, Ariadna Prado, Victoria Sosa, Guilherme Simó, Marcos Vázquez, Naila Prieto e Jorge Amado.