O alumnado de Secundaria participa no Día de Rosalía cun recital poético. Podes escoitalo a través da páxina da nosa canle en Ivoox
Tamén fixeron outros traballos como presentacións, presentacións con canva, ... que aquí vos deixamos.
O alumnado de Secundaria participa no Día de Rosalía cun recital poético. Podes escoitalo a través da páxina da nosa canle en Ivoox
Tamén fixeron outros traballos como presentacións, presentacións con canva, ... que aquí vos deixamos.
Xa está no noso cole o Meco cos seus mandatos do entroido deste ano.
Ven moi marchoso porque temos o entroido dedicado aos musicais e festivais de música
Ímolo pasar en grande!!
Aquí está o mandato para o mércores:
Este é o segundo mandato do meco:
Este é o seu primeiro mandato:
O alumnado de galego fixo un estudo dos instrumentos musicais na materia de galego e elaborou unha presentación de cada instrumento.
Aquí volas deixamos para que aprendades tanto como aprenderon os nosos nenos e nenas de primeiro de ESO
O alumnado da ESO do noso CPI elaborou os
LIBROS DO AMOR
Escolleron frases, poemas, personaxes, películas e incluso algún texto de creación propia e elaboraron os seus libros sobre o amor.
Están expostos na nosa biblioteca
para que poidades disfrutalos cando queirades
Este curso non quixemos deixar pasar a oportunidade de facer ver todo o traballo que levan a cabo dende hai moito tempo as mulleres na ciencia, aínda que moitas veces nin as coñecemos.
Decoramos as portas da segunda planta do noso colexio con científicas innovadoras de todos os tempos e descubrimos a moitas, algunhas delas galegas, das que non sabiamos nada.
Esperamos que vos gusten
No CPI A Xunqueira celebramos un ano máis esta data que nos parece tan importante.
O alumnado de infantil e primaria elaborou un flashmob coa canción Imagine de John Lennon que aprenderon do libro así titulado.
Se facedes clic na seguinte imaxe poderedes ver o vídeo.
O alumnado da ESO realizou un mural con pombas entrelazadas nas que deixou as súas mensaxes.
ANIMÁDEVOS A XOGAR!
O alumnado de ciencias realizou unhas viñetas sobre ciencia e comic que están expostas no corredor da segunda planta.
Deixámosvolas aquí para que as disfrutedes.
Deixámosvos aquí a información sobre unhas interesantes charlas organizadas pola Biblioteca do IES de Fene en colaboración co Concello. Facede clic no seguinte enlace: