lunes, 14 de marzo de 2022

14 de Marzo Día das Matemáticas

 No día das matemáticas deixámosvos aquí unha lista de libros que tratan as matemáticas dende diferentes puntos de vista. 

Espero que vos gusten e vos animedes a coller algún na nosa biblioteca!!!

viernes, 11 de marzo de 2022

10 de Marzo

 No CPI a Xunqueira recordamos este 10 de Marzo de 2022 os sucesos ocorridos en Ferrolterra hai 50 anos.

O alumnado de 4º de ESO participou no concurso escolar organizado pola Fundación 10 de Marzo con varios traballos que vos deixamos aquí.

O sábado 12 asistimos á entrega de premios nun acto que tivo lugar no Centro Torrente Ballester de Ferrol 

O seguinte traballo resultou agraciado co premio á documentación. As alumnas que fixeron o traballo irán de viaxe a Penaventura (Portugal).

 

O alumnado que levou a cabo os outros dous traballos presentados ao concurso recibeu como agasallo unha entrada para tres sesións de cine nos Cines Dúplex.  

  


 

lunes, 7 de marzo de 2022

8M Día da Muller 2022

Un ano máis, no CPI A Xunqueira unímonos á xornada reiviendicativa do 8 de marzo, Día Da Muller.

Queremos comezar cunha canción que podedes escoitar neste enlace a un video de youtube:

GUADI GALEGO - MATRIARCAS

Deixamos aquí diferentes propostas de actividade, que nos propoñen dende o equipo de orientación, para levar a cabo nas aulas co noso alumnado. Escollede a que máis vos guste e animádevos a realizala 

 

 

Tamén vos deixamos un enlace á páxina de Educación 3.0 onde poderedes encontrar moitos outros recursos para traballar este día na aula. 

Recursos para trabajar el Día de la Mujer en el aula

Temos na biblioteca unha selección de libros relacionados co tema do feminismo e o 8 de marzo axeitados para diferentes idades.




 

viernes, 4 de marzo de 2022

Visita de Andrea Maceiras

 Hoxe venres, día 4 de marzo visitounos 

ANDREA MACEIRAS

 

Para falarnos da súa novela  

A folla Azul (Xerais, 2020)

Premio Merlín 2020


 

O noso alumnado elaborou uns traballos sobre o libro que están expostos no taboleiro da biblioteca e disfrutaron coa presentación que nos fixo a autora sobre o seu libro. Despois fixéronlle preguntas e firmoulles os libros. Quedaron encantados coa visita. Sempre é un pracer recibir a Andrea Maceiras.