lunes, 18 de abril de 2022

Día do libro 2022

 


Este curso, para conmemorar o día do libro, gustarianos que pensarades no libro que vos gustaría protagonizar ou que título lle poñeriades á vosa vida se fose un libro. 

 

Nun documento de texto, nun folio, en Canva, ... escolle o teu libro e envíanolo ou trae o teu cartel ou debuxo á biblioteca ao longo desta semana. 


Déixovos aquí algúns exemplos que xa fun recibindo. 


 Este é o mural de 4º de primaria






lunes, 4 de abril de 2022

Audiocontos: Breogán e as ovellas

 

Este curso seguimos coas restriccións pola pandemia da Covid-19 pero non quixemos deixar pasar a ocasión de que nenos e nenas de infantil e primaria compartiran o pracer da lectura.

Aproveitamos a creación do laboratorio de radio, da man de Radio na Biblio, e iniciamos unha sesión de audiocontos.

O alumnado de 5º e 6º lerá os contos na radio e enviaremos as grabacións ao alumnado de infantil. 

Tras moito traballo do profesorado de primaria poñemos en marcha XunqueiraRadio con moita ilusión e desexando que sexa unha ferramenta estimulante para o desenvolvemento das competencias do noso alumnado. 

Aquí vos deixamos o enlace ao audioconto Breogán e as ovellas

O exército de ovellas / A. Fariña (2005) - ED/Quijotes 2005/48

 

domingo, 3 de abril de 2022

Bibliopatio

  

 

Esta semana estrenamos Bibliopatio para infantil. Foi un éxito

Estamos preparando o carriño de primaria e secundaria.