martes, 14 de junio de 2022

Festa do club de lectura





 O luns 13 celebramos a festa de despedida e agradecemento a todos os integrantes do club de lectura e da biblioteca. 

Fíxose entrega de diplomas e pasamos un rato agradable todos os membros do club Lendo na Xunqueira e colaboradores da biblioteca. 

Recuperamos esta festa na biblio despois de dous anos sin ela pola pandemia da Covid-19.

Grazas a todos por asistir.

 














jueves, 9 de junio de 2022

Kandinsky e Miró

 O alumnado de 1º e 3º de ESO interpretou os cadros de Kandinsky e Miró e fixeron unha exposición. Os seus traballos pasarán a formar parte dos fondos da biblioteca. 

Aquí volos deixamos para que os desfrutedes. 


























Novo podcast: Good Morning A Xunqueira

 


A PRIMAVERA

 O alumnado de 1º de ESO na materia de lingua castelá elaborou uns traballos sobre a primavera que están expostos no corredor da biblioteca. Deixámosvolos aquí para que os desfrutedes. 










Préstamo para o verán 2022

 

miércoles, 1 de junio de 2022

AXUDA A UCRAÍNA


 

 

Ata o día 08 de xuño, a comunidade educativa do noso colexio colabora coa ong AGA Ucraína na recollida de alimentos enlatados (non en envase de cristal), artigos de hixiene masculina e feminina e material escolar  que serán enviados para axudar á poboación que está a sufrir os efectos da guerra en Ucraína. 

O día 09 de xuño o alumnado de 6º de EP e 1º de ESO terán un encontro con membros desta ONG

Tedes información sobre a ONG AGA Ucraína na súa web: www.agaucraina.org/

 

Reunións do club de lectura

Este curso xa se foron relaxando as medidas da Covid-19 e moitas das reunións celebradas tiveron lugar na biblio. Deixámosvos aquí algunhas imaxes destas reunións. Estivemos encantados de recuperar a biblioteca para as reunións dos nosos grupos de lectura.