Agradecemos moito a participación de toda a comunidade educativa neste mercado solidario. Moitos produtos de primeira necesidade foron os que se recolleron.
Os produtos van destinados a Cáritas Fene:
Agradecemos moito a participación de toda a comunidade educativa neste mercado solidario. Moitos produtos de primeira necesidade foron os que se recolleron.
Os produtos van destinados a Cáritas Fene:
Descanso ben merecido despois dos exames.
O alumnado de 2º e 4º da ESO botou unha partida ao xogo Vacaloura, aprenderon conceptos novos e descubriron o ben que se pasa xogando e aprendendo en grupo.😊

Diego Sellero, alumno de 4º ESO, foi o gañador do concurso de microrrelatos organizado por Berrobamban.
Parabéns!!!
https://www.instagram.com/p/C04RwvWqdrX/?igshid=NGEwZGU0MjU5Mw==
Hoxe tivemos a sorte de que viñese visitar a nosa biblioteca Paula Carballeira.
O alumnado de 2º da ESO estivo traballando co libro Irene, a porteira.
Fixeron un bo traballo de investigación que acabará plasmado nun vídeo, agora déixovos o programa de radio que fixeron para que vos vaiades facendo unha idea.

O Club de lectura de 3º da ESO felicitan a María Losada, autora do libro que eles están a ler El club de los neurodivergentes.
Parabéns!!
A nosa radio non deixa de funcionar. Son os máis pequenos, infantil e primaria, os que van deixando as súas pegadas coa lectura do libro Bruxa e familia ou falando do Nadal.
Uns especialistas!!!
Luís Cuba ensinounos todo tipo de cogomelos, mostrounos as súas características, unha explicación moi didáctica.