Un ano máis o alumnado de 2º ESO participou no roteiro por Celanova. Alí puideron admirar o mosteiro e tocar unha peza coa organista. Houbo lectura de poemas de Curros , Celso Emilio e Ferrín polas zonas emblemáticas da vila e casa dos poetas. Visita a Vilanova dos Infantes, camiñada polo Xurés... moi completo.
martes, 21 de mayo de 2024
viernes, 17 de mayo de 2024
Día das Letras Galegas
17 de maio de 2024, Día das Letras Galegas dedicado a Luísa Villalta.
Como todos os anos fixemos un concurso de marcapáxinas para o alumnado de primaria e secundaria. Nas clases traballouse a figura da homenaxeada e o alumnado de 2º ESO elaborou unhas presentacións sobre a súa vida e obra.
lunes, 13 de mayo de 2024
Ponte nas ondas!
O alumnado colaborador de primaria e secundaria participou nun novo obradoiro de radio organizado por Ponte nas ondas!
Neste curso puxeron en práctica novas técnicas de locución e de elaboración de podcast.
lunes, 6 de mayo de 2024
Torneo de xadrez
O alumnado de primaria e secundaria participou nun torneo de xadrez durante os recreos. Estivo moi animado.
Obradoiro de teatro lido
Os días 23 de Abril e 6 de Maio tivemos o pracer de recibir no noso colexio a Charo Pita. Imparteu un obradoiro de teatro lido para os colaboradores da biblioteca e da radio escolar dos niveis de 5º e 6º de primaria e da ESO.
Aprendemos moito coas súas ensinanzas e pasámolo moi ben.









