miércoles, 6 de noviembre de 2024

Limpeza da praia do Regueiro (San Valentín)

 Un ano máis o noso colexio participou na limpeza simultánea de praias organizada pola asociación Adega. 

Esta actividade, que se ía desenvolver o venres 25 de outubro, tivo que adiarse por mor do tempo ata o día 5 de novembro de 16:20 a 18:00 horas. 

O alumnado de 1º da ESO do noso colexio limpou a praia do Regueiro, no barrio de San Valentín. En menos de dúas horas retiramos 57,6 kg de lixo. Atopamos plásticos, anacos de cadeiras, patas de plástico, anacos de porespán, microplásticos, ...

Depositamos o lixo en contedores que pon á nosa disposición o concello de Fene, que tamén nos achegou luvas e sacos do lixo para facer a recollida. 

Aprendemos a importancia de colaborar en manter limpo o noso entorno e coidar o medio ambiente.

Unha experiencia moi positiva que temos pensado repetir. 









 

lunes, 4 de noviembre de 2024

Reciclaxe de material escolar para a protectora Terracan

 No CPI A Xunqueira traballamos para mellorar a reciclaxe e axudar a coidar do medio ambiente e cumprir os obxectivos da Axenda 2030.

Estamos en lista de espera para ser punto de recollida de material escolar que xa está esgotado (bolígrafos, rotuladores, tippex,...)

Dende hai un tempo estamos recollendo este material e depositándoo nun contedor que temos na entrada do centro. 

O luns doamos este material á protectora Terracan. Eles entregarán este material a unha empresa que lles abona o material entregado. Estes cartos axudarán a pagar o alimento dos animais que teñen en acollida e os seus gastos veterinarios. 

Cumprimos dous obxectivos: coidar o medio ambiente reciclando e colaboramos na protección dos animais.

Esperamos poder seguir a facelo e, por iso, o alumnado de proxecto competencial do curso pasado elaborou unhas caixas que repartimos polas aulas para que o alumnado vaia deixando ahí o material usado para reciclar. Despois xuntarémolo todo e volveremos doalo.

Obradoiro de narración oral

 Contamos coa presenza de Charo Pita, escritora, actriz e contacontos que lles veu impartir un obradoiro sobre narración oral ao alumnado de 5º e 6º de primaria e aos colaboradores da biblioteca da ESO.




Agora só queda aplicar o aprendido nos próximos podcasts!!

jueves, 31 de octubre de 2024

O Samaín

Do 28 ao 30 de outubro celebramos o Samaín na Xunqueira.
Concursos de cabazas, debuxos e relatos de medo.















Exposición de libros na biblioteca











 

miércoles, 30 de octubre de 2024

Manuel Rivas Premio Nacional das Letras Españolas 2024

 Manuel Rivas foi galardoado co Premio Nacional das Letras Españolas correspondente ao ano 2024. Esta é a primeira ocasión en que un escritor galego, e con toda a súa obra escrita en galego, acada este recoñecemento.



martes, 29 de octubre de 2024

DeSexo Talía teatro

 



O alumnado de 3º PDC  asistiu á obra de teatro DeSexo, representada pola compañía Talía no Pazo da Cultura de Narón.
Forma parte da Mostra de teatro infantil e xuvenil na que acostuma participar todo o centro.
Neste podcast comentan o que viron, aprenderon e compartiron nesa xornada teatral.

https://www.ivoox.com/obra-de-teatro-desexo-de-talia-audios-mp3_rf_136030319_1.html

jueves, 24 de octubre de 2024

lunes, 7 de octubre de 2024

Lecturas compartidas

 Neste mes de outubro o alumnado de 5º e 6º de EP van lerlles aos nenos de infantil. Comparten lecturas, tempo de lecer.

Lecturas dramatizadas











miércoles, 2 de octubre de 2024

Novidades

Neste curso contamos cunhas novidades moi interesantes, Los busca pistas


Eloy Moreno nunca defrauda. Neste curso Redes




Interesantes ideas para traballar nas aulas





martes, 24 de septiembre de 2024

Formación de usuarios


 Un ano máis comezamos a formación de usuarios.

A nosa mascota, bibliotecus, prepara un percorrido pola biblioteca para os máis novos.



https://docs.google.com/presentation/d/1hzXQVmm8fnCqTswRfmT0h_CnACpNkQRV/edit?usp=sharing&ouid=101577313996239886684&rtpof=true&sd=true


Os grupos da ESO tamén tiveron a súa formación



https://docs.google.com/presentation/d/1DlLmZgiTCJYbkL_taoSj7PVfBBbobZEMBzKguRpJS7o/edit?usp=sharing

lunes, 23 de septiembre de 2024