sábado, 8 de marzo de 2025

8M 2025

 


Un ano máis imos conmemorar a data do 8 M, reivindicando o papel da muller na nosa sociedade, dunha maneira activa e participativa. 

Este ano o departamento de orientación propón ao alumnado de 1º da ESO a elaboración de podcast sobre a muller que gravarán na nosa radio escolar. 

Faremos ademais exposición de libros sobre esta temática.

viernes, 28 de febrero de 2025

Entroido no CPI A Xunqueira

O teatro dá para moito... tivemos dende don Quixote e Sancho Panza, Romeo e Xulieta, as lavandeiras de Sillobre, personaxes de Shakespeare e Castelao, Irmandiños, castrexos, piratas e ata futbolistas. O teatro saíu á rúa polo barrio de San Valentín. As dramatizacións foron espectaculares

domingo, 23 de febrero de 2025

Día de Rosalía de Castro

O alumnado de estivo a traballar a obra de Rosalía de Castro. Publicamos parte dos seus traballos para conmemorar o seu día.


 

lunes, 17 de febrero de 2025

Xa vai collendo forma!!!

A narrativa galega xa está organizada. Levou tempo. Fixemos expurgo e revisamos a catalogación. 
Aínda queda moito traballo



 

viernes, 14 de febrero de 2025

Día do amor - amizade - música

Cartas de amor e amizade para todos, amenizada coa música que o alumnado de 4º da ESO preparou para ese momento especial.

Día da Candeloria

Pola Candeloria casan os paxariños Dende o EDLG organizouse un concurso de texto e imaxe para traballar esta festividade. Houbo traballos moi bos.

jueves, 30 de enero de 2025

Día da Paz

 Comeza o ano e celebramos o día escolar da paz o 30 de xaneiro 

Este ano fixemos unha solta de pombas cantando a canción de Fillas de Casandra "Varre Vasoira". 

Participamos na campaña de Unicef "Facemos Paz", firmando cada aula o seu compromiso para manter a paz no día a día.

Traballouse nas aulas a importancia dunha convivencia pacífica e como resultado obtivemos un fermoso mural

lunes, 27 de enero de 2025

Cambio de mobiliario na biblioteca

 Estamos en etapa de cambio na biblioteca. 

Pedimos desculpas por non poder atendervos na biblioteca como é debido, pero estamos cambiando os estantes da sección de secundaria: narrativa galega, poesía e teatro en galego e castelán, cómic, novela gráfica e manga.

Agardamos poder recuperar o espazo para o traballo e o lecerpronto!!






viernes, 10 de enero de 2025

XADRERRETO

 

O alumnado de 5º EP proponnos comezar o ano poñendo a proba as nosas habilidades xadrecísticas.

Cada semana proporanos un reto que debemos adiviñar: cun só movemento debemos facer xaque-mate.

Comezamos a semana do luns 13 de xaneiro co seguinte reto: 


1.- Colle o reto na caixa que hai na mesa da entrada (ao lado da porta de xefatura de estudos). 
O punto negro do lateral indica que debemos mover negras nesta ocasión.



2.- Resolve o reto e introdúceo no buzón


3.- Ao finalizar a semana poñeremos a clasificación: cada reto resolto é un punto.


ANÍMATE E PARTICIPA


jueves, 19 de diciembre de 2024

Recollida do mercado solidario de Nadal

 Moitas grazas a todos os que participastes do Mercado Solidario de Nadal. Un ano máis recollemos alimentos non perecedoiros e artigos de hixiene para Cáritas Fene. 


Un libro - un quilo




Este foi o resultado













martes, 3 de diciembre de 2024

Mercado solidario de Nadal

 Un ano máis a biblioteca organiza o Mercado Solidario de Nada 

Un libro - Un quilo

Ata o 20 de decembro poderás traer todo tipo de alimentos non perecedoiros, tales como legumes cocidos, latas de conserva... alimentos infantís e produtos de hixiene e levarás un LIBRO