lunes, 12 de octubre de 2020

 SAMAÍN NO CPI A XUNQUEIRA!!!!

👻💀📖🌰🍁

Un ano máis o samaín chega ao noso cole e o equipo de Normalización ten unha chea de propostas para todas as idades!!! 



 

martes, 22 de septiembre de 2020

PROTOCOLO COVID NA BIBLIOTECA

 Ola a tod@s!!! 

Déixovos aquí o protocolo covid da nosa biblio.

Espero que sirvan para que a biblioteca sexa un espazo libre de covid no que desfrutar cos libros!!!



lunes, 21 de septiembre de 2020

 Ola a todos!!!

Achégovos un documento con indicacións de uso da nosa biblioteca,  cómo acceder ao noso catálogo en internet e cómo facer os pedidos neste curso 2020-21 adaptándonos á nova situación sanitaria



Tamén podedes pinchar na imaxe da dereita.

Espero que vos sirva!!!

 


lunes, 7 de septiembre de 2020

INICIAMOS UN NOVO CURSO!!!

Un ano máis, poñémonos en marcha na biblioteca do CPI A Xunqueira.

Este será un ano diferente, con moitos retos por superar. 

Intentaremos poñer o noso gran de area para que todo discurra dentro desta nova normalidade, axudando no que poidamos a atender as vosas necesidades. 

Ánimo a todos.


domingo, 5 de abril de 2020

BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FENE

Quermos anunciarvos a nova actividade da Biblioteca Municipal que se pora en marcha o luns 6 de abril: o Club de lectura virtual da Biblioteca Municipal de Fene, enmarcado no proxecto #fenequedanacasa https://www.facebook.com/Fenequedanacasa
O Club de lectura virtual da Biblioteca Municipal de Fene vai ser un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán coma en galego, dirixido a todas as persoas usuarias da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En principio, será un club para as persoas adultas, pero máis adiante se podería estudiar a posibilidade de amplialo a máis idades. 
O club está ubicado nun grupo chamado ? Club de lectura virtual Biblioteca de Fene?, dentro da páxina de Facebook da biblioteca: https://www.facebook.com/biblioteca.defene
Para participar no club de lectura virtual será preciso: 
- ser usuario/a de calquera biblioteca da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Se ainda non sodes usuario/ a da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, podedes darvos de alta de forma automática aquí: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-memberentry.pl 
- ter unha conta na rede social Facebook. 
- facer, a partir de hoxe, a solicitude ao grupo no botón ? Unirte al grupo? dentro da páxina de Facebook da biblioteca

- ter interese en compartir as súas opinións e experiencias na lectura. 
O club disporá dunha coordinadora que vos irá guiando. O primeiro luns de cada mes comezará cunha nova lectura, e ese día ademáis se publicará o cronograma para poder organizar e coñecer ata onde é preciso ler, para os venres proceder ao debate dos capítulos.
Ao ser un club virtual non é posible proporcionar a cada participante un exemplar do libro comentado. Sen embargo, estamos seleccionando lecturas dispoñibles nas dúas plataforma de préstamos de libros electrónicos que temos a nosa disposición:
Galicia Le (plataforma gratuita de préstamos de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas) https://www.galicae.gal
EDIBLIODACORUÑA (Plataforma gratita dixital para a provincia da Coruña) https://ebibliodacoruna.o dilotk.es/o pac/?locale=es#
E se da a casualidade que xa o tedes na casa en formato impreso ou dixital perfecto.
A primeira lectura do club será "La danza de los tulipanes" de Ibon Martín unha novela que se pode enmarcar dentro da categoría de novela negra, intriga e misterio.
Sipnose:
-Natalia coñecida periodista de Gernika, es arrollada por un tren. El conductor de la máquina de tren es su marido. El comisario de la localidad su amante.
La víctima ha sido fijada a la vía con un tulipán entre sus manos. La flor de un intenso y brillante rojo, es tan hermosa como imposible de encontrar de forma natural en el mes de noviembre.
Animádevos a participar
Se queredes ampliar información ou tedes algunha dúbida escríbenos a fene.rbgalicia@eidolocal.es ou a través da páxina de Facebook da biblioteca. ou podedes consultalo no teléfono 981342302 ( de luns a venres de 16h a 21 h ou os sábados de 10 a 13h)

sábado, 4 de abril de 2020

EDITORIAIS QUE OFRECEN MATERIAIS EDUCATIVOS

Pero grazas a solidariedade e xenerosidade de moitos e moitas creadoras e editoriais podemos achegarvos unha serie de materiais educativos de balde para facer máis levadía esta situación excepcional:

Marca para a editorial galega Baia Edicións | Domestika

O Papagaio
Campaña "Olla O Papagaio": Descarga de exemplares do xornal



Kalandraka
CONTOS CONTADOS EN KALANDRAKA T.V.


Kalandraka
Dende o seu grupo A Xanela do Maxín ofrece o video completo da obra: A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza


Urco
Están a preparar unha serie de ebooks con relatos selectos dos seus títulos máis míticos. Xa tedes algún dispoñible en formato .epub


Aira editorial
Podedes descargar o novo cómic, "Carriandola"

KALANDRAKA TV.

Minilibros Imperdibles de Kalandraka | Silvieta Home
FACEDE CLIC NA IMAXE E PODEDES ACCEDER A KALANDRAKA TV. PODEDES ESCOITAR CONTOS, LER, E MOITO MÁIS. 
IDES DISFRUTAR...

martes, 24 de marzo de 2020

21 DE MARZO "DÍA DA POESÍA"

21 de marzo 2020
Día da poesía
  • Escolle un poema que che guste ou escribe ti un.
  • O idioma elíxelo ti.
  • Debe ser un poema non moi longo.
  • Grávate recitando o poema.
  • O vídeo non debe durar máis de 3 minutos.
  
Anímate a participar!!!!

DÍA DA POESÍA RECITAN SERGIO Y DIEGO G.

SERGIO RECITA "EL SAPITO GLO GLO GLO""

DIEGO GRUEIRO RECITA  "BODA DE FLORES"