Dende San Valentín o noso alumnado da ESO está traballando coa poesía.
Para conmemorar o día da poesía deixámosvos aquí algún dos seus traballos
Esperamos que vos gusten.
Dende San Valentín o noso alumnado da ESO está traballando coa poesía.
Para conmemorar o día da poesía deixámosvos aquí algún dos seus traballos
Esperamos que vos gusten.
Un ano máis achégase o día 8 de marzo, día da muller.
Neste ano tan difícil non queremos deixar de reivindicar o papel da muller na nosa sociedade. Por iso, dende o Equipo de Normalización e a biblioteca do noso cole, propoñemos a elaboración de acrósticos por parte do alumnado para realizar unha exposición con todos os traballos elaborados.
Os acrósticos terán como tema central a muller en calquera das súas facetas: investigadora, traballadora, nai, aventureira, ...
Este é o cartel.
Unha das nosas alumnas de quinto de primaria elaborou un documento animándonos a participar.
E xa fomos recibindo os primeiros traballos....
O día 24 de febreiro, día do nacemento de Rosalía de Castro, aproveitamos para recordar a súa figura.
Esta muller deixou unha gran pegada na nosa cultura. O noso alumnado levou a cabo diversas actividades para acercarse ela e coñecela mellor. Os alumnos e alumnas de 5º de primaria realizaron o vídeo recollendo as distintas tarefas.
Aquí vos deixo o vídeo que prepararon.
Esperamos que vos guste.
Tamén decoramos os taboleiros dos corredores con imaxes de Rosalía e acrósticos cos seus poemas
Este ano, polo 14 de febreiro, recordamos a importancia das palabras de ánimo, apoio, cariño e amistade e celebramos o San Valentín, nome tamén do barrio no que está o noso colexio.
O alumnado das distintas etapas realizou diversas tarefas: decoración de portas, elaboración de álbumes de poemas, ....
Aquí vos deixo algunha mostra destas actividades.
A colaboración de todos os científicos a nivel internacional deu froitos moi axiña na loita contra esta pandemia que nos cambiou a vida.
As mulleres tamén foron parte fundamental nestes avances.
Xa se acerca o 8 de Marzo e a proposta do noso CPI consiste en elaborar un acróstico relacionado coas mulleres.
Aproveitando esta proposta alumnado de ciencias da ESO elaborou algúns acrósticos sobre mulleres e ciencia.
Esperamos que moitas nenas se animen a traballar pola ciencia.
Damos as grazas a todas as mulleres que traballan pola ciencia e as que axudan a divulgar ciencia, entre elas as encargadas do club de ciencia do noso cpi.
Un ano máis chega o Entroido ao CPI A Xunqueira.
Este ano, a pesar da pandemia, imos celebrar esta festa tan galega.
Pero farémolo dun xeito un pouco diferente, a través dun concurso virtual de coplas do Entroido ao que nos convoca o Equipo de Normalización Lingüística do noso cole.
Cada día cumprimos co mandato do Meco neste Entroido 2021
O alumnado de secundaria escribiu unhas coplas
Tríptico coplas secundaria
Todos os nosos alumnos e alumnas festexaron o Entroido nas súas aulas. Tivemos que prescindir do desfile polo barrio, pero deixámosvos aquí o os vídeos que gravaron para que os desfrutedes.
Un ano máis celebramos o Día da Paz no Cpi a Xunqueira.
Este ano foi un pouco diferente debido ás medidas de prevención da Covid 19, pero aínda así fixemos unha morea de actividades.
Os nenos e nenas de infantil e primeiro e segundo de Primaria leron o libro Un abrazo para púas e comentárono nas aulas.
Os grupos entre terceiro e sexto de Primaria e os grupos da ESO visionaron o documental “Binta y la gran idea” e reflexionaron sobre el.
Todo o alumnado decorou un bloque ou ladrillo cunha idea sobre a paz. Cada clase compartirá os seus bloques formando o Muro pola Paz do CPI a Xunqueira nos corchos dos corredores.
Fixeron unha coreografía e saíron ao patio bailar todos xuntos pola paz o venres 29 de xaneiro ás 13:00 horas.
Aquí vos deixo o vídeo que fixemos
Este curso, en novembro, mes da ciencia en galego, fixámonos na Nasa e na viaxe que está preparando para ir á lúa no ano .
Preguntámoslles aos nosos alumnos e alumnas qué cousas levarían á lúa se formaran parte desa expedición da Nasa.
O club de ciencia publicou no seu blog as aportacións que nos fixeron os nenos e nenas do noso cole.
Hai algo de todo!!!
Fai clic neste enlace que che deixamos aquí e verás toda a información no blog do club de ciencia.
O alumnado de sexto de primaria elaborou un novo kamishibai para contarlles aos nenos e nenas de infantil o conto La Casita de Chocolate.
Espero que vos guste cómo lles quedou.
Aquí tedes o vídeo.
Os nenos e nenas de sexto de primaria contan o conto Hola Foca ao alumnado de infantil.
Déixovos aquí o vídeo da súa representación co Kamishibai.
Esperamos que o disfrutedes!!
O noso alumnado de sexto de Primaria creou un novo conto para facer as ledicias dos máis pequenos.
Nesta ocasión disfrutamos de Hola Tortuga.
Aquí vos deixo o vídeo. Esperamos que vos guste.
Hola oso
Esta é unha nova entrega do Kamishibai, elaborada polo alumnado de 6º de primaria para os seus compañeiros de infantil.
Espero que o disfrutedes tanto como os nenos e nenas do noso cole.
El zapatero y los duendes
Aquí temos outro dos kamishibai elaborados polo alumnado de 6º para os seus compañeiros de infantil.
Aprendemos disfrutando, facendo e escoitando.
Espero que vos guste!!!!