Aquí vos deixamos as imaxes desta liña do tempo sobre a exploración espacial.
jueves, 17 de junio de 2021
Exploración espacial
lunes, 14 de junio de 2021
Vampira de Biblioteca
O alumnado de 5º de Primaria leu o libro Vampira de Biblioteca, de Ledicia Costas, e tiveron un encontro virtual coa autora. Despois elaboraron uns traballos sobre o libro. Aquí volos deixamos para que os vexades.
lunes, 7 de junio de 2021
PRÉSTAMO PARA O VERÁN
Un ano máis chega o verán.
Este curso adicado ás xeografías lectoras na biblioteca escolar, animámosvos a viaxar no verán da man dun libro.
Podedes levar tres libros para o verán. Devolveranse en setembro cando comece o curso.
Animádevos a ler!!!!
domingo, 6 de junio de 2021
DESCUBRE FENE: O Camiño de Santiago
O noso alumnado de 6º de Primaria achegouse ao camiño de Santiago ao seu paso polo noso concello e elaborou un traballo con banda deseñada. Participa na actividade "Viñetas no Camiño".
sábado, 5 de junio de 2021
Evolución da paisaxe en Ferrolterra
O noso alumnado, dentro da materia de Paisaxe e Sustentabilidade, participa no Plan Proxecta elaborando uns trípticos sobre os cambios nas paisaxes da contorna.
Cada alumno/a escolleu unha paisaxe representativa para el/ela e compararon a súa situación no século pasado e na actualidade. Elaboraron uns trípticos comparando as imaxes e resumindo as súas conclusións. Aquí vos deixamos algúns exemplos.
martes, 1 de junio de 2021
Las habichuelas mágicas
Kamishibai elaborado polo alumnado de 6º de primaria: Laura Blanco, Raquel Moure, Marcos Morado, Daniel pardiño, Ariadna Prado, Victoria Sosa, Guilherme Simó, Marcos Vázquez, Naila Prieto e Jorge Amado.
jueves, 27 de mayo de 2021
Kamishibai 6º de Primaria
Elaborado polo alumnado de 6º: Daniel Pardiño, Ariadna Prado, Jorge Amado, Raquel Moure e Marcos Morado.
viernes, 21 de mayo de 2021
ENCONTRO CON EVA MEJUTO
Este venres 20 de maio tivemos o pracer de escoitar a Eva Mejuto e intercambiar con ela as nosas impresións sobre os seus libros Memoria do Silencio e 22 segundos.
O noso alumnado de 4º da ESO disfrutou do encontro así como dos dous libros desta autora que leron este curso.
lunes, 17 de mayo de 2021
Concurso de marcapáxinas polas Letras Galegas
Os gañadores do concurso de marcapáxinas organizado polo equipo de normalización lingüística do noso CPI foron
Daniel Couce de 5º de EP e Paola Cazorla de 3º da ESO
Parabéns aos gañadores!!!
Aquí vos deixamos as imaxes dos marcapáxinas gañadores, ademáis de moitos outros que elaboraron os nosos alumnos e alumnas para coñecer a figura de Xela Arias, homenaxeada este nano nas Letras Galegas.
jueves, 13 de mayo de 2021
Visita de Manolo Rivas en 1º de ESO
O xoves 13 de febreiro o noso alumnado de 1º de ESO tivo o pracer de escoitar a Manolo Rivas e comentar con el as súas impresións sobre o libro O Chispas. Moitas grazas por esta oportunidade.
"As chaves dos soños" de Ana Merlán
viernes, 7 de mayo de 2021
Letras galegas 2021
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Xela Arias.
Xa temos no taboleiro da nosa biblioteca algúns dos marcapáxinas que o noso alumnado presentou ao concurso organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
E xa temos tamén outros taboleiros cheos de marcapáxinas....
Os nosos nenos e nenas recibirán como agasallo o marcapáxinas gañador do concurso.
Podedes consultar na biblioteca algúns dos seus libros. Aquí vos deixamos as imaxes de algún dos libros dos que dispoñemos sobre esta autora.
martes, 4 de mayo de 2021
Encontro online con María Canosa
Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria leron o conto Unha fábrica de bicos de María Canosa. O martes, 4 de maio, tiveron a sorte de poder compartir compartir con ela os segredos que agocha este libro, así como outros moitos. Un pracer contar con ela de novo entre nós. Grazas polo teu tempo!!
Tedes máis imaxes no Facebook do noso colexio. Podedes velas pinchando aquí






















































