jueves, 8 de junio de 2023

Animación á lectura

 O alumnado de 3º de primaria participou nunha actividade de animación á lectura co libro de Paula Carballeira Bruxa e familia.











viernes, 2 de junio de 2023

Festa na Biblioteca!!




 Xa estamos rematando o curso e chegou o momento de agradecerlle ao noso alumnado colaborador da Biblioteca o seu traballo desinteresado. 


 










Rematan as actividades e rematan as xuntanzas do Club de lectura. Festaaaa!!!










Preparamos a festa!!

  


Entrega de diplomas, agasallos e baile!!







martes, 30 de mayo de 2023

Sesión de contacontos para 1º e 2º de primaria

 O alumnado de 1º e 2º de primaria tivo unha sesión de contacontos realizada polo ilustrador Benxamin Míguez que con debuxos e caricaturas foilles contando aos rapaces unha historia.

Foi moi entretido!




miércoles, 17 de mayo de 2023

17 de maio, Día das Letras Galegas

 Día das Letras Galegas dedicado a Francisco Fernández del Riego
































O alumnado de secundaria participou na elaboración de marcapáxinas. O gañador foi o que logo se imprimiu para dar a toda a comunidade educativa.



Este foron os marcapáxinas deseñados polo alumnado de secundaria:


Así quedou o mural que o alumnado de primaria fixo para destacar a figura de Fernández del Riego. Traballo coordinado  dende o Equipo de Dinamización Lingüística:




Alumando de 1º da ESO elaborou presentacións sobre a figura de Fernández del Riego.

https://1drv.ms/f/s!AkID6HOdU9Txog_Fxn7jxlrrgTEQ?e=SGAPe2

 Eses traballos serán gravados na radio escolar para que poidan ser escoitados na canle de Ivoox .

viernes, 5 de mayo de 2023

A radio

 A radio segue a ser un compañeiro de traballo inseparable. O alumnado participa activamente sempre que pode. Moitos dos seus proxectos son  gravados e moitas veces prescinden do seu tempo de recreo para facelo.



 

miércoles, 3 de mayo de 2023

Asociación Cometa

 Despois da lectura do libro Quen salva un can de Érica Esmoris, no centro decidimos que era boa idea falar cunha protectora de animais da zona para que viñesen falar do seu traballo e darnos as claves para poder ser colaboradores na protectora e comprender un pouco mellor os animais e como debemos tratalos.


Partindo de fragmentos do libro de lectura que previamente o alumnado leu, ofrecéronnos unha charla didáctica.




martes, 25 de abril de 2023

Roteiro literario

 Un ano máis o alumnado do Club de lectura participou nun novo roteiro literario. Este curso dedicado á figura de Concepción Arenal. Os nenos e nenas fixeron as súas lecturas nos lugares máis emblemáticos por onde puideron recoñecer a figura de Concepción Arenal, aprenderon moito sobre a súa vida e socializaron todos xuntos na cidade ferrolá.









                                      



lunes, 24 de abril de 2023

Un mar de lendas con Esperanza Piñeiro

 Para conmemorar o Día do Libro contamos coa presenza de Esperanza Piñeiro que veu falar do seu libro Un mar de lendas cos rapaces de 1º e 2º da ESO.



Os rapaces estiveron moi atentos e fixeron preguntas para logo facer o seu traballo.






domingo, 23 de abril de 2023

23 de abril, Día do libro

 PROPOSTA 23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO


TEMÁTICA: TENDEDEIRO DE RECICLAXE DE LIBROS CLÁSICOS DE SEMPRE

XUSTIFICACIÓN: RECICLAR A PALABRA DE ESCRITOR@S DE SEMPRE:

Cervantes, Gianni Rodari, Gloria Fuertes, Roald Dahl, Rosalía de Castro, María Canosa, Paula Carballeira, Xosé Neira Vilas...

Trátase unha actividade creativa na cal se seleccionan da biblioteca de aula ou de centro libros clásicos de sempre ou versións actualizadas.

Cada alumn@ do curso de Infantil elixe un debuxo, unha palabra ou frase curta que se identifique co libro clásico escollido, a partir de Primaria ata a ESO elixen textos curtos e citas literarias do libro escollido que reflictan o que se está a contar no libro; as citas poden imprimirse ou escribirse a man sobre un anaco de papel, o cal se pega logo sobre unha cartolina de cores.

Estes son os resultados: