viernes, 27 de marzo de 2026

I Faladoiro do CPI A Xunqueira

 Hoxe tivo lugar o I Faladorio no que participou un grupiño de alumnado de primaria e da ESO. Falaron de forma distendida sobre diferentes temas que foron derivando noutros... o importante foi falar. Falar en galego.

Formáronse pequenos grupos con persoas colaboradoras de diferentes idades. Inmersión lingüística total.




jueves, 26 de marzo de 2026

Visita de Antonio M Fraga


 Hoxe veu falar co alumnado de 2º da ESO  Antonio M. Fraga sobre o seu libro O bestiario científico de Anxos Nogueirosa.

Falaron do proceso de documentación, escritura e visitaron os lugares emblemáticos do libro mediante as fotografías que traía o escritor.





miércoles, 25 de marzo de 2026

Visita de Toni Seixas

 O alumnado de 3º da Eso estivo falando con Toni Seixas na biblioteca sobre o súa faceta de ilustrador.



viernes, 13 de marzo de 2026

Semana da prensa

 Moitos cursos traballaron a muller e a prensa e así ligaron o tema do 8M coas novas relativas ás mulleres na prensa.


Os máis pequenos traballaron a prensa con noticias de todo tipo


Na biblioteca houbo exposición de prensa de distintos lugares






martes, 10 de marzo de 2026

Visita de Pere Tobaruela

 O alumnado de 6º de EP recibiu a visita de Pere Tobaruela para falar con eles do seu libro Formigas. Misión Samaín.


O alumnado xa coñecía moitos dos seus libros e de Formigas quedaron encantados.

 

                            












lunes, 9 de marzo de 2026

8 M


 Dende 4º para o mundo con información sobre o 8 M!

Moitas novas nos traen estes rapaces.


Nas clases traballouse o 8 M con resultados moi bonitos:




viernes, 6 de marzo de 2026

Visita de Ramón Veiga

 Hoxe veu falar co alumnado de 4º de EP o escritor fenés Ramón Veiga sobre o seu libro Pernascochas. Previamente traballaron o libro na aula, logo xa na biblioteca, o día que veu o escritor estiveron moi participativos e atentos.









lunes, 23 de febrero de 2026

Día de Rosalía de Castro

 No Día de Rosalía de Castro queremos deseñar carteis que nos lembren a súa figura e a súa obra.





sábado, 14 de febrero de 2026

Entroido no cole

 Hoxe por fin chegou o día, o Entroido chegou á Xunqueira.

O alumnado do cole estivo moi ocupado durante días para confeccionar os seus disfraces. O lema deste ano é o Deseño galego, e abofé que fixeron bos deseños!!








O tempo deu unha tregua e deixolles facer un pequeno desfile.








 


O Entroido

 Hoxe veu falar co alumnado de 1º ESO  Yerai Paz, recoñecido especialista na investigación e divulgación do traxe tradicional galego, incluíndo as vestimentas propias do entroido. O seu labor céntrase na análise histórica, as diferenzas xeográficas e a autenticidade das pezas.



O Entroido tradicional galego é unha das festas máis ancestrais e singulares de Europa, celebrada entre febreiro e marzo para marcar o fin do inverno e o inicio da primavera.

Yerai deunos unha explicación de por que a data do Entroido varía no tempo, do significado da palabra e de como se vivía o entroido tradicional nas distintas zonas de Galicia. O alumnado escoitou explicacións descoñecidas para eles e formas de vivir o Entroido moi distintas ao que eles están acostumados. 

Falounos das máscaras e a recuperación da tradición



Precisamos recuperar as nosas tradicións e necesitamos xente que nos axude a facelo.