Un ano máis o centro sumouse aos actos do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres con distintas actividades. Entre elas unha exposición na biblioteca que lembra aquelas mulleres rebeldes no seu tempo e rebeldes hoxe en día. Precisamos visibilizar a súa semente nas aulas, nos libros, na rúa...
Todo o alumnado, infantil, primaria e secundaria participaron da actividade de "Chalk Back", movemento contra o acoso na rúa liderado por mozas novas que escriben con xices nas rúas as gabanzas e comentarios non desexados que reciben para crear conciencia sobre os problemas que implica este tipo de acoso
No hay comentarios:
Publicar un comentario