viernes, 30 de enero de 2026

Día da Paz

 Como todos os anos na Xunqueira celebrouse o Día da Paz coa xa tradicional solta de pombas, cancións e murais que  recordan a necesidade da non violencia en todos os ámbitos da vida e non só neste día.

Logo do traballo na aula, cada curso cubriu o seu listado de peticións e compromisos






En primaria tamén adornaron as portas das aula
E logo chegou o momento de soltar as pombas e cantar todos xuntos a canción da Paz escrita para este día




viernes, 23 de enero de 2026

Obradoiro de bonecas de follas de millo


O alumnado de 3º e 4º de EP participaron dun obradoiro de elaboración de bonecas de follas de millo de man das Lolas da Cascarilla, unhas mulleres de San Sadurniño que recuperaron este labor que de nenas facían coas súas nais.

As bonecas son ben bonitas 

Así traballaron os rapaces
                          








miércoles, 14 de enero de 2026

O barrio de San Valentín

Hoxe Martín e Meli foron falarlle aos nenos de 5 EP sobre o barrio de San Valentín. Fixeron unha presentación moi interesante sobre o nacemento e desenvolvemento do barrio do noso cole. 
Moitas grazas
 

viernes, 9 de enero de 2026

Lecturas compartidas


En xaneiro comezan as lecturas compartidas
O alumnado de 5º e 6º de EP comparten lecturas co alumnado de EI. 




A lectura e a dramatización de contos espertan nos máis novos o entusiasmo pola lectura.