Hoxe veu falar co alumnado de 1º ESO Yerai Paz, recoñecido especialista na investigación e divulgación do traxe tradicional galego, incluíndo as vestimentas propias do entroido. O seu labor céntrase na análise histórica, as diferenzas xeográficas e a autenticidade das pezas.
O Entroido tradicional galego é unha das festas máis ancestrais e singulares de Europa, celebrada entre febreiro e marzo para marcar o fin do inverno e o inicio da primavera.
Yerai deunos unha explicación de por que a data do Entroido varía no tempo, do significado da palabra e de como se vivía o entroido tradicional nas distintas zonas de Galicia. O alumnado escoitou explicacións descoñecidas para eles e formas de vivir o Entroido moi distintas ao que eles están acostumados.
Falounos das máscaras e a recuperación da tradición
Precisamos recuperar as nosas tradicións e necesitamos xente que nos axude a facelo.
.png)



No hay comentarios:
Publicar un comentario