Mostrando entradas con la etiqueta BIBLIOTECUS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BIBLIOTECUS. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de octubre de 2019

DIA DA BIBLIOTECA "VIVEIRO DE CIDADANÍA"


 O lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía". Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar.

 Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas. 

24 de OUTUBRO DÍA DA BIBLIOTECA