Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA POESÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA POESÍA. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de marzo de 2023

Día da poesía

 Hoxe celebramos o Día da poesía coa presenza de Mariola Hermida, unha poeta local que vén presentar o seu ultimo libro Onde nacen os pexegueiros




Como gozamos coa súa poesía!!!








martes, 22 de marzo de 2022

21 de Marzo: Día da Poesía

 


Con motivo do día da poesía, que se celebra todos os anos o día 21 de marzo, temos a honra de recibir no noso colexio a dúas poetas da nosa comarca:

- Aurora Varela

- Rosa Martínez

Recitarán poemas e falarán co alumnado da eso o martes 22 pola tarde. 

domingo, 3 de abril de 2016

OS ALUMNOS DA XUNQUEIRA PARTICIPAN NO PROGRAMA "ADEUS RÍOS, ADEUS FONTES"

Éxito da xornada de clausura do programa "Adeus Rios, Adeus Fontes"

1 de abril de 2016
O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e a concelleira de Medio Ambiente, Mariela Aguilar, foron os encargados de inaugurar e pechar o evento, respectivamente

Ao redor de 250 alumnos/as de Primaria dos colexios Centieiras, A Xunqueira, O Ramo, Jorge Juan e Os Casais participaron esta mañá na plantación de árbores autóctonas coa que o Concello de Fene celebrou este ano de xeito conxunto o Día das Árbores, o Día da Auga e o Día da Poesía. O acto, organizado pola Concellería de Medio Ambiente, completouse cun pequeno recital de poesía que serviu ademais para homenaxear ao poeta Manuel María, ao que se adica este ano o Día das Letras Galegas.
Ao redor das dez da mañá chegaron os nenos/as participantes ao entorno do parque liñal de Vilanova, escenario desta actividade coa que se puxo o broche final ao programa “Adeus ríos, adeus fontes”. O acto comezou coa benvida do alcalde de Fene, Juventino Trigo, e cunhas pequenas explicacións a cargo do enxeñeiro técnico agrícola que dirixiu a plantación, Antón Muñiz.
A continuación, organizados en grupos e coordenados polo persoal municipal de Xardinería e polos monitores/as contratados pola Concellería de Medio Ambiente, os nenos/as plantaron un total de 31 árbores de distintas especies. Ao remate desta primeira parte do acto, os nenos/as tiveron tempo para coñecer o entorno e participar en distintos xogos populares.
A xornada de clausura do programa “Adeus ríos, adeus fontes”, completouse cun recital poético, con versos de Manuel María, a cargo d@s alumn@s Breixo e Andrea, do Ceip Os Casais, Gabriela, do CPR Jorge Juan, Aarón (que leu un poema da súa autoría), do Ceip O Ramo, Roi, do Ceip Centieiras e Laura, do Cpi A Xunqueira.
A concelleira de Medio Ambiente, Mariela Aguilar, pechou o acto convidando aos rapaces/as a voltar no futuro ao parque de Vilanova para facer seguemento da evolución das árbores que prantaron e para profundizar no coñecemento das distintas especies que, dende hoxe, medran na zona.
O evento contou coa colaboración dun grupo de voluntarios/as de Protección Civil de Fene.

DÍA DA ÁRBORE NOS COLEXIOS DE FENE

Á par que se desenvolvía esta mañá entre Fene e Sillobre a plantación e o recital de poesía organizado polo Concello, os colexios que participaron no proxecto “Adeus ríos, adeus fontes” realizaron tamén ao longo da mañá -a nivel interno- distintas actividades para conmemorar o Día das Árbores, o Día da Auga e o Día da Poesía. En primeiro lugar, os/as alumnos/as realizaron unha plantación simbólica sobre unha árbore de papel de poemas alusivos ás tres efemérides. E para completar a xornada, ás 12 do mediodía (de xeito simultáneo), houbo tamén nos distintos colexios recitais de poesía para homenaxear a Manuel María.