Mostrando entradas con la etiqueta EDUCACIÓN EN VALORES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EDUCACIÓN EN VALORES. Mostrar todas las entradas
jueves, 24 de noviembre de 2016
martes, 22 de noviembre de 2016
25 DE NOVEMBRO
Na semana contra a violencia no ámbito familiar, non importa o sexo: Por qué o 25 de novembro
O 25 de novembro é un día de reflexión e denuncia contra as diferentes formas de violencia que sofren as mulleres.
En 1993 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller, na que se definiu a "violencia contra a muller" como
«todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas, a coerción ou a prohibición arbitraria da liberdade, xa sexa que ocorra na vía pública ou na vía privada. »
O 17 de decembro de 1999, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A ONU convidou a «gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a organizar actividades dirixidas a sensibilizar ao público respecto do problema neste día como unha celebración internacional.»
Elixiuse o 25 de novembro para conmemorar a morte das irmás Mirabal (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 en mans pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana. Minerva e María Teresa previamente foron encarceradas, violadas e torturadas en varias ocasións.
Os seus cadáveres esnaquizados apareceron no fondo dun precipicio. Para o movemento popular e feminista de República Dominicana historicamente estas mulleres simbolizaron a loita e a resistencia.
Seguir lendo en Educando en Igualdade
ARTÍCULO COMPARTIDO DE LA BIBLIOTECA I,E,S, ESQUIO http://blogfesquio.blogspot.com.es
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.png)
