Nesta semana tan especial para os lectores, visitounos tamén Héctor Cajaraville para falar co alumnado de 1° e 2° de ESO da súa novela Kusuma. Unha fábula que nos achega a temas interesantes e de actualidade.
O escritor Héctor Cajaraville, compartiu co alumnado de 3° e 4° de ESO a súa ilusión por escribir e publicar as súas novelas gañadoras de varios premios nos últimos anos. Veu falarnos especialmente da novela A caixiña dos rancores, na que, por medio dunha inesperada amizade entre un rapaz e unha anciá, aborda o tema dos nenos " roubados" nas pasadas décadas