Mostrando entradas con la etiqueta SALIDAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SALIDAS. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de febrero de 2016

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES E O MUNCYT

OS ALUMN@S DE 5º E 6º DE E.P. VISITARON O MUSEO DE "BELAS ARTES"
A colección do Museo de Belas Artes da Coruña abrangue un bo número de pezas de pintura, debuxo, escultura, gravado, artes decorativas e arqueoloxía. A colección comeza a formarse a finais do século XIX e vai crecendo a través dos anos grazas a implicación de diferentes doantes, artistas, colectivos e institucións públicas. Dentro dos depósitos destacan os cadros pertencentes ao Museo del Prado. Outras institucións teñen colaborado na creación da colección do museo, como a propia Xunta de Galicia. A doazón de obras ao museo foi moi intensa, como o legado de dona Maruxa Seoane, ou o de Manuel Santiago Blanco e Carolina González. Nas últimas décadas o programa de adquisicións do museo tratou de completar a visión da arte galega desde o XIX ata os nosos .

 
 
NO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA OS ALUMN@S ADMIRARON OBRAS DE SOROYA, LUIS SEOANE, ISAAC DÍAZ PARDO ENTRE OUTROS AUTORES.



 
 
"APOTEOSIS DE HÉRCULES" DE RUBENS
ACTIVIDADES REALIZADAS POLOS ALUMNOS NO MUSEO DE BELAS ARTES.

PARA VER AS OBRAS MÁIS DESTACADAS FACE CLIC NA IMAXEN

Vista de sala del Museo de Belas Artes da Coruña © Ministerio de Cultura

VISITA AO MUNCYT
O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de España (MUNCYT) é un museo de titularidade estatal dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desarrollo e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade e xestionado pola Fundación Española para a  Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).







FACEDE CLIC NA IMAXEN PARA ACCEDER AS EXPOSICIÓNS

martes, 26 de noviembre de 2013

IMOS AO TEATRO

OS ALUMNOS DE 5º e 6º DE PRIMARIA FORON AO TEATRO A VER A OBRA

            "A VOLTA AO MUNDO EN 6O MINUTOS"

 A compañía vasca Gorakada deleitou  cunha adaptación da obra de Xulio Verne “A volta ao mundo”, na que o protagonista da historia Phileas Fogg, bate un novo récord. En lugar de en oitenta días, fixo o percorrido nos sesenta minutos que dura o espectáculo.
Julio Salvatierra é o responsable do texto e a obra está dirixida por Álex Díaz e Ze García. Os actores e músicos Aritza Rodríguez, José Cruz Gurrutxaga, Miren Larrea e Mikel Gaztañaga son os responsables de dar vida á divertida viaxe arredor do mundo.

Un momento da representación de onte en Narón DAniel Alexandre



OS NENOS DE ED. INFANTIL FORON AO TEATRO DE NARÓN A VER A OBRA
                 O PRINCIPE E O PARRULO

                                         O príncipe e o parrulo

Un castelo, unha árbore e unha casa é o único que se precisa para contar esta pequena historia que fala de grandes cousas. Dous pequenos descobren que non hai nada tan divertido coma ter alguén con quen compartir, con quen xogar...que non hai nada tan grande coma un amigo.


EME2 - O príncipe e o parrulo


martes, 20 de noviembre de 2012

SAÍDA AO TEATRO

OS NENOS  DE PRIMARIA ASISTIRON A REPRESENTACIÓN TEATRAL DE KAFKA E A BONECA VIAXEIRA
http://etikeles.blogaliza.org/files/2012/03/kafka_e_a_boneca_viaxeira-194x3001.jpgO famoso escritor Franz Kafka, protagonista desta historia, nun paseo por un parque de Berlín, encontra unha nena chorando. A el non lle gustaban os nenos, pero decide ir falar con ela. A nena perdera a súa boneca. Entón Kafka díxolle que non estaba perdida, senón de viaxe, e que el era un carteiro de bonecas. Así, encargaríase de darlle as cartas que a súa boneca Bríxida lle mandase dende os lugares polos que viaxase. Kafka foi durante tres semanas todos os días ao parque á mesma hora para darlle as cartas. Estas explicaban as viaxes e o que a boneca facía, e nelas víase reflectida a traxectoria da vida, a independencia, as viaxes polo mundo…
















OUTRO GRUPO DE ED. PRIMARIA DISFRUTOU COA  REPRESENTACIÓN DE  BON APETIT


Unha comedia onde a cociña tradicional galega  é o ingrediente perfecto para escachar de  risa, na que o sinxelo pode ser tremendamente difícil e o divertido pode ser moi perigoso....
 Explosións, tortazos, persecucions, sustos, malos entendidos, ....ingredientes para unha comedia total en clave de clown

E INFANTIL DISFRUTOU COA OBRA DE GRILLOS Y LUCIÉRNAGA

“Grillos y luciérnagas” hace referencia a las luces y los sonidos de la noche y es dibujo teatral, un juego poético entre una mujer y un hombre, que está dedicado a los más pequeños, a su asombro, a cómo contienen el aliento cuando vamos con ellos a través de la oscuridad