Os nosos alumnos e alumnas do club de lectura Lendo na Xunqueira disfrutaron hoxe, día 03 de maio, do roteiro literario sobre Carvalho Calero diseñado pola nosa compañeira Begoña.
Dende as 9 da mañá recorreron os lugares máis importantes na vida deste coñecido escritor ferrolán e aprenderon moito tamén sobre os barrios máis antigos e coñecidos de Ferrol: Ferrol Vello, A Magdalena, Canido.
O programa que seguiron foi:
CASA DO ESCRITOR NO PORTO
IGREXA DO SOCORRO
PRAZA DE AMBOAXE EN FERROL
Aproveitando que esta próxima fin de semana se celebra o concurso de piano, tocaron o piano nesta praza de Amboaxe
CONCELLO DE FERROL
CANIDO: BARRIO DAS MENINAS
No blog do club de lectura tedes todos os videos
Deixámosvos aquí os diferentes textos que leron cada un dos membros do club por se estades interesados.