lunes, 8 de febrero de 2016

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES E O MUNCYT

OS ALUMN@S DE 5º E 6º DE E.P. VISITARON O MUSEO DE "BELAS ARTES"
A colección do Museo de Belas Artes da Coruña abrangue un bo número de pezas de pintura, debuxo, escultura, gravado, artes decorativas e arqueoloxía. A colección comeza a formarse a finais do século XIX e vai crecendo a través dos anos grazas a implicación de diferentes doantes, artistas, colectivos e institucións públicas. Dentro dos depósitos destacan os cadros pertencentes ao Museo del Prado. Outras institucións teñen colaborado na creación da colección do museo, como a propia Xunta de Galicia. A doazón de obras ao museo foi moi intensa, como o legado de dona Maruxa Seoane, ou o de Manuel Santiago Blanco e Carolina González. Nas últimas décadas o programa de adquisicións do museo tratou de completar a visión da arte galega desde o XIX ata os nosos .

 
 
NO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA OS ALUMN@S ADMIRARON OBRAS DE SOROYA, LUIS SEOANE, ISAAC DÍAZ PARDO ENTRE OUTROS AUTORES.



 
 
"APOTEOSIS DE HÉRCULES" DE RUBENS
ACTIVIDADES REALIZADAS POLOS ALUMNOS NO MUSEO DE BELAS ARTES.

PARA VER AS OBRAS MÁIS DESTACADAS FACE CLIC NA IMAXEN

Vista de sala del Museo de Belas Artes da Coruña © Ministerio de Cultura

VISITA AO MUNCYT
O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de España (MUNCYT) é un museo de titularidade estatal dependente da Secretaría de Estado de Investigación, Desarrollo e Innovación do Ministerio de Economía e Competitividade e xestionado pola Fundación Española para a  Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).







FACEDE CLIC NA IMAXEN PARA ACCEDER AS EXPOSICIÓNS

domingo, 17 de enero de 2016

DÍA DA PAZ "REFUXIADOS"

Nenos e nenas refuxiados

Save the children é unha ONG que loita cada día por que se respecten os dereitos da infancia en todas as partes do mundo. Neste enlace atoparemos relatos de nenos e nenas refuxiados...

https://www.savethechildren.es/actualidad/especial-ninos-refugiados/http://convivenciaaxunqueira.blogspot.com.es/
PREME NO ENLACE PARA ACCEDER AO BLOG DE CONVIVENCIA DO COLE NO QUE ATOPAREDES MAIS ENTRADAS SOBRE O TEMA

martes, 22 de diciembre de 2015

O XUNQUIÑO DE NADAL

Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver o contido de O Xunquiño de Nadal deste 2015 realizado polo Equipo de Normalización da Xunqueira

Esperamos que vos guste!!!!




domingo, 29 de noviembre de 2015

CLUBES DE LECTURA

ESTE CURSO TEMOS A SORTE DE CONTAR CON CINCO CLUBES DE LECTURA.
OS LIBROS QUE ESTAR A LER SON OS SEGUINTES

5º E.P. e 6º E.P. "A mansión dos Pampín"
1º e 2º E.S.O "Peter Pan e a levita Escarlata"
Peter pan de rojo escarlata
3º E.S.O. "O clan da loba"
o clan da loba (a guerra das bruxas; vol i)-maite carranza-9788483492161
4º E.S.O. "Cartas de inverno"
cartas de invierno-agustin fernandez paz-9788467508802
PODEDES IR A PESTAÑA DE CLUB DE LECTURA PARA COÑECER MÁIS SOBRE ESTAS OBRAS E OS SEUS AUTORES.

viernes, 13 de noviembre de 2015

NOVEMBRO MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS



A Biblioteca do CPI A Xunqueira vístese de “Ciencia” durante este mes de novembro para adicarlle a Ángeles Alvariño todo o traballo e actividades que desenvolvan ao longo deste mes.
Ángeles Alvariño González naceu en Serantes (Ferrol) en 1916,  oceanógrafa española e destacada científica internacional, chegou a descubrir 22 especies novas de organismos mariños, os indicadores planctónicos para correntes oceánicas e para a pesca.
                Invitámosvos a ver un vídeo da Fundación Barrié sobre a vida e obra desta científica galega





martes, 10 de noviembre de 2015

miércoles, 4 de noviembre de 2015

CLUB DE LECTURA

PONSE EN MARCHA O CLUB DE LECTURA DE 
3º E.S.O.
OS COMPOÑENTES DO CULB DE LECTURA NO SEU PRIMEIRO DÍA ELEXINDO O LIBRO QUE IRÁN LER.
O LIBRO ELEXIDO FOI "O CLAN DA LOBA"




PARA COÑECER MÁIS SOBRE OS CLUBS DE LECTURA E OS LIBROS PODEDES IR A PESTAÑA DO BLOG DO CLUB DE LECTURA.

lunes, 2 de noviembre de 2015

DEBUXOS QUE PARTICIPAN NO CONCURSO

ESTES SON ALGÚNS DOS DEBUXOS QUE PARTICIPAN NO CONCURSO DE SAMAÍN.
COMO PODEDES VER OS NEN@S ESTÁN FACENDO UNS DEBUXOS MOI CREATIVOS.
AÍNDA ESTADES A TEMPO ANIMAROS E PARTICIPAR.




DEIXO TAMÉN UN CORTO ANIMADO "DO DÍA DOS MORTOS" ESPERO QUE VOS GUSTEN.

ENCONTRADO EN EL BLOG http://orecunchodasfadas.blogspot.com.es/2015/10/o-dia-dos-mortos.html