lunes, 18 de abril de 2016

EL VIAJE DEL VIKINGO SOÑADOR


PARA LOS ALUMN@S DE 6º E.P. EL DÍA
20 DE ABRIL
el viaje del vikingo soñador-ana merino norberto-9788468087498

EL VIAJE DEL VIKINGO SOÑADOR (EN PAPEL) 
ISBN 9788468087498

ANA MERINO NORBERTO , SANTILLANA, 2015

DATOS DEL LIBRO
  • Nº de páginas: 112 págs.
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • Editorial: SANTILLANA
  • Lengua: CASTELLANO
  • ISBN: 9788468087498
  • 23973 libros de Literatura 9 a 12 años
RESUMEN DEL LIBRO
El vikingo no tenía
demasiadas posesiones,
nunca quiso estar atado
a la vida de la aldea
con sus abetos dormidos
y sus inmensas hogueras.

Un sorprendente viaje hacia el lugar donde habitan las respuestas, donde se esconde el verdadero amor.

sábado, 16 de abril de 2016

O VENRES DISFRUTAMOS COS CONTOS DE ERICA GONZÁLEZ MIGUEL

EL MONSTRUO DE COLORES, A QUE SABE A LUA, EL RATONCITO PÉREZ, LA CEBRA CAMILA Y LA PRINCESA y EL PIRATA. 

CONTOS COS QUE DISFRUTARON OS ALUMN@S DE E.I DA XUNQUEIRA.

domingo, 10 de abril de 2016

EU LEO... E TI?

 DÍA DO LIBRO 2016
SOMOS MOITOS OS LECTORES DESTE CENTRO E ENTRE TODOS QUEREMOS FACER UN MURAL PARA A BIBLIOTECA CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO 2016
PARA PARTICIPAR:
  1.  FAITE UNHA FOTO LENDO.   PODE SER NA TÚA HABITACIÓN, NUN PARQUE, ESPERANDO O AUTOBÚS, DE PÉ, SENTADO...O IMPORTANTE É QUE SE CHE VEXA LENDO! 
  2. ESCOLLE UN FRAGMENTO DUN LIBRO QUE LERAS OU UNHA CITA.   UNHA DESCRIPCIÓN, UN PENSAMENTO, UN INICIO... CALQUERA FRAGMENTO QUE CHE GUSTARA POLO QUE FORA.  PON TAMÉN AO FINAL DA CITA O TÍTULO DO LIBRO E O NOME DO AUTOR. PON O TEU NOME E CURSO NA PARTE INFERIOR.

ANÍMATE A PARTICIPAR!
DATA DE ENTREGA 18 ABRIL
ENTRÉGALLO AO TEU TITOR OU NA BIBLIOTECA.

martes, 5 de abril de 2016

CONTACONTOS "FELIZ FEROZ"


 A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz, é boísimo. Feroz a tranquiliza e  dille que o mande a suá casa, que él  vaise  encargar de convertilo  nun verdadeiro lobo feroz. Lobito visita o seu tío e intenta facer o que él lle pide, aullar fieramente, cazar coelliños, asustar a Caperucita, comerse a  aboa..., pero sempre o estropea:  séntase a comer unha ensalada cos coelliños,  fanse amigo de Caperucita e toma o té coa aboa. O colmo será cando prepare un pastel de zanoria.


El Hematocrítico
El Hematocrítico é autor de varios blogs humorísticos de éxito. Colabora en Cinemanía, a revista Mongolia, o programa Top Chef y  publicou varios libros, entre eles El Hematocrítico de arte e Drama en el portal. Ademáis, é mestre de Educación Infantil, Inglés y Primaria.
Alberto Vázquez
Alberto Vázquez é licenciado en Bellas Artes pola universidade de Valencia, cursou estudios na Escola Massana de Barcelona. Debuxante  en xeral, e en particular de comics, os seus libros foron  editados en España, Francia, Italia y Brasil. Colaborador habitual do diario El País, Vázquez ilustra en multitude de revistas nacionáis e internacionáis. Dirixiu o curto Birdboy, basado no seu cómic Psiconautas, galardonado co Goya ao mellor curtometraxe de animación e premiado en más de 30 festiváis internacionáis.

lunes, 4 de abril de 2016

VISITA DE ANDREA MACEIRAS AO CPI A XUNQUEIRA

PARA COÑECER A OBRA DE ANDREA MACEIRAS FACEDE CLIC NA IMAXE


VISITA DE ANDREA MACEIRAS AO CPI A XUNQUEIRA

O pasado martes día 29 de marzo , visitou o noso cole a xove escritora coruñesa Andrea Maceiras. Nacida na  Coruña en 1987, é licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica. Escribe poesía, relatos curtos e novelas máis longas e xa ten recibido numerosos premios dende a publicación da súa primeira novela xuvenil no ano 2007 titulada “Proxecto Bolboreta”.

En 2015 gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con “Europa Express” (Xerais, 2015). Esta é a obra que están a ler os nosos alumnos e alumnas de 3º da ESO e que foron os que puideron disfrutar das palabras desta escritora nova e con gran talento nun encontro que tivo lugar na biblioteca.











domingo, 3 de abril de 2016

OS ALUMNOS DA XUNQUEIRA PARTICIPAN NO PROGRAMA "ADEUS RÍOS, ADEUS FONTES"

Éxito da xornada de clausura do programa "Adeus Rios, Adeus Fontes"

1 de abril de 2016
O alcalde de Fene, Juventino Trigo, e a concelleira de Medio Ambiente, Mariela Aguilar, foron os encargados de inaugurar e pechar o evento, respectivamente

Ao redor de 250 alumnos/as de Primaria dos colexios Centieiras, A Xunqueira, O Ramo, Jorge Juan e Os Casais participaron esta mañá na plantación de árbores autóctonas coa que o Concello de Fene celebrou este ano de xeito conxunto o Día das Árbores, o Día da Auga e o Día da Poesía. O acto, organizado pola Concellería de Medio Ambiente, completouse cun pequeno recital de poesía que serviu ademais para homenaxear ao poeta Manuel María, ao que se adica este ano o Día das Letras Galegas.
Ao redor das dez da mañá chegaron os nenos/as participantes ao entorno do parque liñal de Vilanova, escenario desta actividade coa que se puxo o broche final ao programa “Adeus ríos, adeus fontes”. O acto comezou coa benvida do alcalde de Fene, Juventino Trigo, e cunhas pequenas explicacións a cargo do enxeñeiro técnico agrícola que dirixiu a plantación, Antón Muñiz.
A continuación, organizados en grupos e coordenados polo persoal municipal de Xardinería e polos monitores/as contratados pola Concellería de Medio Ambiente, os nenos/as plantaron un total de 31 árbores de distintas especies. Ao remate desta primeira parte do acto, os nenos/as tiveron tempo para coñecer o entorno e participar en distintos xogos populares.
A xornada de clausura do programa “Adeus ríos, adeus fontes”, completouse cun recital poético, con versos de Manuel María, a cargo d@s alumn@s Breixo e Andrea, do Ceip Os Casais, Gabriela, do CPR Jorge Juan, Aarón (que leu un poema da súa autoría), do Ceip O Ramo, Roi, do Ceip Centieiras e Laura, do Cpi A Xunqueira.
A concelleira de Medio Ambiente, Mariela Aguilar, pechou o acto convidando aos rapaces/as a voltar no futuro ao parque de Vilanova para facer seguemento da evolución das árbores que prantaron e para profundizar no coñecemento das distintas especies que, dende hoxe, medran na zona.
O evento contou coa colaboración dun grupo de voluntarios/as de Protección Civil de Fene.

DÍA DA ÁRBORE NOS COLEXIOS DE FENE

Á par que se desenvolvía esta mañá entre Fene e Sillobre a plantación e o recital de poesía organizado polo Concello, os colexios que participaron no proxecto “Adeus ríos, adeus fontes” realizaron tamén ao longo da mañá -a nivel interno- distintas actividades para conmemorar o Día das Árbores, o Día da Auga e o Día da Poesía. En primeiro lugar, os/as alumnos/as realizaron unha plantación simbólica sobre unha árbore de papel de poemas alusivos ás tres efemérides. E para completar a xornada, ás 12 do mediodía (de xeito simultáneo), houbo tamén nos distintos colexios recitais de poesía para homenaxear a Manuel María.

miércoles, 30 de marzo de 2016

lunes, 28 de marzo de 2016

Contos e música na programación de primavera da Biblioteca Municipal

Cunha representación de “Riciños de ouro e os tres osos”, a cargo de Trinketrinke Teatro, comeza o vindeiro martes 29 de marzo a programación de primavera da biblioteca municipal “Xosemaría Pérez Parallé”. Todas as actividades, organizadas pola Concellería de Cultura e Ensino, encádranse no programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia.

Á volta das vacacións de Semana Santa, a biblioteca municipal de Fene conmemorará o martes 29 de marzo o Día do Teatro con Trinketrinke Teatro e o seu contacontos teatral “Riciños de ouro e os tres osos”. A actividade, dirixida a nenos/as de 3 a 8 anos, comezará ás 18.00 horas. Entrada libre, ata completar o aforo.
venres 1 de abril (18.00 horas) presentarase na biblioteca de Fene o espectáculo "Brinca vai! de aquí a acolá" de Paco Nogueiras para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra o 2 de abril. Actividade dirixida a todos os públicos e con entrada libre, ata completar o aforo.
“BRINCA VAI! de aquí a acolá” é unha actividade para ler, ver e escoitar. “Un feixe de cancións para toda a familia que de seguro vos acompañarán aló onde vaiades. Deixádevos levar entre as diversas apariencias que tén a lectura. Gozade vendo, escoitando ou cantando…”
A programación de primavera da biblioteca municipal “Pérez Parallé” completarase o xoves 21 de abril (18.00 horas) co "Contiario" de Pablísimopara celebrar o Día do Libro (23 de abril). A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 4 a 10 anos.
¡Pasen e Vexan!¡ Pasen e escoiten!... Achéguense aos contos máis raros, interesantes e exóticos do mundo! No Contiario collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais,contos de nunca rematar, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos, adiviñas...
 Tamén dentro do programa “Ler conta moito”, a biblioteca municipal adianta que no mes de outubro (o luns día 24) conmemorarase o Día da Biblioteca con Fátima Fernández e o seu espectáculo "Érase unha vez uns zapatos..."
Contacontos dirixido a nenos/as de 4 a 12 anos. ""Que sería do gato con botas sen as botas, de Cinsenta sen o zapato de cristal, se os trasnos non lle fixesen zapatos ao zapateiro... Sería posible o mundo dos contos que todos coñecemos se non houbese zapato

ÁNGELA RUÍZ ROBLES Y LA INVENCIÓN DEL LIBRO MECÁNICO




Una monografía titulada «Ángela Ruiz Robles y la invención del libro mecánico» acaba de ser publicada por el Ministerio de Economía y Competitividad. El libro es un conjunto de estudios y artículos sobre esta mujer nacida en León en 1895 y afincada en Ferrol, donde murió en 1975, que desarrolló su carrera profesional comomaestra, empresaria e inventora, según figura en la reseña.
Ruiz Robles fue autora de dieciséis obras sobre gramática, taquigrafía y ortografía, inventora de un nuevo método taquigráfico, y premiada con la distinción de Alfonso X El Sabio en reconocimiento a su carrera y con la medalla de oro en la Exposición Nacional de Inventores Españoles y la medalla de plata en la Exposición Internacional de Inventos de Bruselas.
También obtuvo premios por sus patentes sobre los libros mecánicos y la enciclopedia mecánica. De esta última, se conserva un prototipo realizado en el parque de artillería de Ferrol y que actualmente se expone en el Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de A Coruña.
Según los autores, la aspiración de facilitar el aprendizaje a su alumnado, su obsesión por el peso de las carteras, unido a su convicción por la necesidad de transformar la educación tradicional basada en la memorística hacia la enseñanza interactiva y razonada, le llevaron a idear en los años cuarenta un nuevo formato de libro destinado a la enseñanza.

Pulsadores, luz y sonido

La enciclopedia mecánica de Ángela Ruiz Robles se podía colocar en horizontal o vertical y ella misma calificaba su libro mecánico como ideovisual, didáctico e interactivo, con textos que relacionaban ideas, lo que hoy denominaríamos hipertextos.
En su esquema las materias se instruían en distintos idiomas, se fabricaban los libros con material ligero y estaban armados de pulsadores, luces, lentes y bobinas, con posibilidad de escritura, luz y sonido. Estas prestaciones y el diseño de la invención están estrechamente emparentados con el ebook o el iPad y las tabletas actuales, que surgieron a finales de los años noventa y principios del siglo XXI y que empiezan a implantarse en las escuelas hoy, indican estas fuentes.
En la publicación se recogen las dos patentes de invención, la fechada en 1949 y otra posterior que data de 1962. Entre una y otra se desgrana el proceso creativo que llevó a la maestra de la idea de libro mecánico al prototipo de enciclopedia mecánica. Como prueba de la diferencia entre los dos inventos, se han rescatado del archivo de Ángela Ruiz Robles, propiedad de sus herederos, antiguos planos, imágenes, manuscritos, fotografías, e incluso el dibujo hecho a mano por Ruiz Robles del proyecto original que no llegó a construirse de la enciclopedia mecánica.
Asimismo, la publicación se hace eco de multitud de declaraciones que la maestra realizó a prensa, radio y TV de la época, y ahonda en el perfil humano del personaje a través de los recuerdos compartidos por su familia. “El futuro habla, pero pocos comprenden lo que dice”, así comienza esta monografía, que concluye con la carta “Querida bisabuela” que le dirige a Ángela Ruiz Robles su joven bisnieta, María.

lunes, 21 de marzo de 2016

APARELLO CIRCULATORIO

DAVID, MIGUEL E NAIARA EXPLICARON AOS ALUMN@S O APARELLO CIRCULATORIA UTILIZANDO A SÚA MAQUETA.




MAQUETA DO APARELLO CIRCULATORIO FEITA POR MIGUEL, NAIARA E DAVID


domingo, 13 de marzo de 2016


DISTINTAS ACTIVIDADES PARA CONOCER EL CORAZÓN. 
 MAQUETA REALIZADA POR LARA Y DESI DE 6º E.P.

 VÍDEO EXPLICATIVO DEL TRABAJO REALIZADO


ESCUCHAMOS EL SONIDO DE NUESTRO CORAZÓN CON EL FONENDOSCOPIO


Movie Maker: CONOCEMOS EL CORAZÓN - Diapositivas

NADA MEJOR QUE CONOCER EL CORAZÓN INVESTIGANDO COMO ES.

martes, 8 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER

Caroline Lucretia Herschel 

 

Naceu o 16 de marzo de 1750 na cidade alemana de Hannover. Irmá do astrónomo William Herschel descubridor de Urano. 
 Caroline colaborou co seu irmán no cálculo, deseño e  construcción dos sus propios telescopios; e axudoulle na catalogación e revisión das súas observacións. 
Mientras él observaba o Universo, ela anotaba os detalles, preparaba as observacións do día seguinte, calculaba as estrelas que debían ser empregadas como referencia e acumulaba datos paraas publicacións de William.  

Os descubrimentos de Caroline 

En 1783 descubriu dous cúmulos descoñecidos  e observou que o espacio estaba cheo deles.  

El 1 de agosto de 1786 atopou o seu primeiro cometa, que foi descrito como 'o primeiro cometa feminino'. Descubriu outros sete cometas, nebulosas, galaxias espirales e irregulares y cúmulos abertos. 

En 1828 foille concedida a medalla de ouro da Royal Astronomical Society (a seguinte medalla concedida a outra muller foi en 1996, a Vera Rubin). En 1835, con 85 anos de idade, foi nomeada membro honorario desta Sociedade, xa que ser membro de pleno dereito estaba vetado ás mulleres. 

O cráter C. Herschel da Lúa e o asteroide 281 Lucretia levan o seu nome 



FACEDE CLIC NESTES ENLACES PARA COÑECER  A CAROLINE

http://www.rtve.es/noticias/20110805/caroline-herschel-mujer-astronoma/452409.shtml 

http://tv.uvigo.es/video/74445.html 

http://divulgamat2.ehu.es/divulgamat15/index.php?option=com_content&view=article&id=10420:33-voces-desde-el-pozo-carolina-herschel&catid=69:teatro-y-matemcas&directory=67

domingo, 6 de marzo de 2016

ALICIA, MARTÍN E ANTÓN EXPLICAN O APARELLO DIXESTIVO



MAQUETA DO APARELLO DIXESTIVO

EXPLICAN O SEU TRABALLO E MOSTRAN A SÚA MAQUETA




ACTIVIDADES REALIZADAS POLOS ALUMNOS DE 5 ANOS SOBRE O APARELLO DIXESTIVO.

LIBRO DE PEGATINAS DO CORPO HUMANO


viernes, 4 de marzo de 2016

CONOCIENDO A ALBERT EINSTEIN

 LA IMAGINACIÓN ES MÁS IMPORTANTE QUE EL CONOCIMIENTO. EL CONOCIMIENTO ES LIMITADO Y LA IMAGINACIÓN CIRCUNDA EL MUNDO.
ALBERT EINSTEIN



martes, 1 de marzo de 2016

EL CORAZÓN

ICIAR Y SERGIO ENSEÑAN Y EXPLICAN A LOS ALUMNOS DE INFANTIL EL FUNCIONAMIENTO DEL CORAZÓN.


MAQUETA DEL CORAZÓN


ICIAR NOS EXPLICA EL FUNCIONAMIENTO DEL CORAZÓN