martes, 21 de marzo de 2023

Día da poesía

 Hoxe celebramos o Día da poesía coa presenza de Mariola Hermida, unha poeta local que vén presentar o seu ultimo libro Onde nacen os pexegueiros




Como gozamos coa súa poesía!!!








viernes, 10 de marzo de 2023

Muller e prensa


Todo o alumnado do centro traballou a muller e a prensa, así tratamos durante a semana da prensa o papel da muller. Que noticias están protagonizadas por mulleres, que mulleres asinan as noticias....os Goya e as mulleres e como non, o deporte e as mulleres. Traballaron moito, investigaron, leron e entenderon cal é o papel da muller a día de hoxe na prensa, que é o que vemos a través dos xornais.






 

Primaria traballou  moito e así o demostra o fermoso mural que crearon

jueves, 9 de marzo de 2023

Os maiores visitan A Xunqueira

 Un grupo de alumnos, alumnas e profesoras do noso centro participan nun proxecto de fotografía denominado Fotografía en curso. Realizaron unhas sesións de fotos con homes e mulleres que viven na residencia de ancianos de Laraxe. 






 

Xa que viñeron visitarnos ao noso centro aproveitamos para facerlles unhas entrevistas na radio. 

Aquí vos deixamos o enlace ao seu audio.

Entrevistas aos nosos maiores 

 

 

 

Esperamos que vos gusten

A nós parecéronnos moi interesantes. Os nosos maiores sempre teñen un montón de cousas que contar. 

Aproveitamos para preguntarlles por exemplo temas relacionados coa forma de vida cando eles eran novos e a situación da muller en esa época xa que viñeron en torno ás datas do 8 de marzo.

 





 


miércoles, 8 de marzo de 2023

8 DE MARZO - As mulleres nos premios Goya

 Un grupo de alumnos do noso centro analizaron o papel das mulleres nos premios Goya e fixeron este documento utilizando o programa Canva. Engadíronlle QR que nos levarán a outras informacións sobre o tema. Esperamos que vos guste. 


8 de marzo

Libros que podemos atopar na biblioteca protogonizados por mulleres









 

lunes, 6 de marzo de 2023

Semana da prensa na escola

O que garda sempre ten!!  e canta razón. Foi así como puidemos mostrar ao noso alumnado prensa nos distintos formatos e de distintos lugares.



 

martes, 28 de febrero de 2023

Amañece na granxa

 No día de hoxe, e a través da Biblioteca do cole, o alumnado de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria, participou nunha sesión de contacontos musical chamada AMAÑECE NA GRANXA, realizada polo grupo 2Plicas. Colaboraron un montón e pasáronno xenial. 🥳🥳

Despois, realizaron uns pequenos obradoiros relacionados co conto

































jueves, 23 de febrero de 2023

Día de Rosalía de Castro


No Día de Rosalía de Castro o alumnado de 3º ESO PDC fixo uns vídeos e queren compartilos con nós.





viernes, 17 de febrero de 2023

Desfile do Entroido

 Logo duns anos de pausa, por fin chegou a hora de recuperar o noso tradicional desfile polo barrio. San Valentín encheuse de castrexos, irmandiños, emigrantes, bandoleiros, futbolistas, rapa das bestas, demos, trasnos e incluso animais variados .....



O alumnado da ESO participou no concurso de comparsas cunhas letras ben simpáticas. Aí quedan ... houbo premios para todos!!!








jueves, 16 de febrero de 2023

Xa chegou o entroido


Primeiro lemos e aprendemos sobre o entroido.



Coñecemos os personaxes do entroido galego
E agora pensamos no noso disfrace e no proxecto da biblioteca. Xa o temos!! 
Reciclamos a historia de Galicia: castrexos, irmandiños, Pepa a Loba, o conxuro da queimada, a rapa das bestas...

Xa chegaron os mandados do Meco


 

martes, 14 de febrero de 2023

14 de febreiro


Por San Valentín, mensaxes de amor e amizade



 

O alumnado escribiu mensaxes de amizade que logo depositou na caixa. Mensaxes bonitas, positivas....moitas delas serán lidas na radio.  Tocaralle á miña!!!

Visita Padrón - Santiago de Compostela

 Despois da proxección da Rosa incandescente e da charla coa guionista sobre a curtametraxe e aspectos da vida de Rosalía, o alumnado de 3º da ESO seguiu analizando a vida e obra da escritora. Agora tocou viaxar ata Padrón para ver a Casa Museo de Rosalía e a Santiago para achegarnos ata o Panteón dos Galegos Ilustres. Que mellor maneira de estudar que traballar sobre o terreo a figura de Rosalía.

Pero, aproveitamos a viaxe. En Santiago visitamos a Cidade da cultura galega e o Museo do pobo galego


lunes, 13 de febrero de 2023

sábado, 11 de febrero de 2023

martes, 31 de enero de 2023

Proxección da curtametraxe A rosa incandescente

 



Hoxe tivemos a sorte de poder visualizar a curtametraxe A rosa incandescente coa súa guionista, Anxos García Fonte.
 Anxos e Glafira mostráronlle ao alumnado de 3º da ESO  como é posible traballar a obra de Rosalía de Castro dende unha óptica distinta.















jueves, 19 de enero de 2023

CURSO DE RADIO PARA COLABORADORES DA BIBLIO

 O xoves 12 de xaneiro o alumnado colaborador da biblioteca de 5º-6º EP e ESO asistiu a un curso organizado na biblio do cole para aprender a manexar AXunqueiraRadio.


FOI MOI INTERESANTE  E MOI PRONTO POREMOS EN MARCHA AS NOSAS APRENDIZAXES.