Moitos cursos traballaron a muller e a prensa e así ligaron o tema do 8M coas novas relativas ás mulleres na prensa.
viernes, 13 de marzo de 2026
martes, 10 de marzo de 2026
Visita de Pere Tobaruela
O alumnado de 6º de EP recibiu a visita de Pere Tobaruela para falar con eles do seu libro Formigas. Misión Samaín.
lunes, 9 de marzo de 2026
8 M
Dende 4º para o mundo con información sobre o 8 M!
Moitas novas nos traen estes rapaces.
viernes, 6 de marzo de 2026
Visita de Ramón Veiga
Hoxe veu falar co alumnado de 4º de EP o escritor fenés Ramón Veiga sobre o seu libro Pernascochas. Previamente traballaron o libro na aula, logo xa na biblioteca, o día que veu o escritor estiveron moi participativos e atentos.
lunes, 2 de marzo de 2026
lunes, 23 de febrero de 2026
sábado, 14 de febrero de 2026
Entroido no cole
Hoxe por fin chegou o día, o Entroido chegou á Xunqueira.
O alumnado do cole estivo moi ocupado durante días para confeccionar os seus disfraces. O lema deste ano é o Deseño galego, e abofé que fixeron bos deseños!!
O tempo deu unha tregua e deixolles facer un pequeno desfile.
O Entroido
Hoxe veu falar co alumnado de 1º ESO Yerai Paz, recoñecido especialista na investigación e divulgación do traxe tradicional galego, incluíndo as vestimentas propias do entroido. O seu labor céntrase na análise histórica, as diferenzas xeográficas e a autenticidade das pezas.
O Entroido tradicional galego é unha das festas máis ancestrais e singulares de Europa, celebrada entre febreiro e marzo para marcar o fin do inverno e o inicio da primavera.
Yerai deunos unha explicación de por que a data do Entroido varía no tempo, do significado da palabra e de como se vivía o entroido tradicional nas distintas zonas de Galicia. O alumnado escoitou explicacións descoñecidas para eles e formas de vivir o Entroido moi distintas ao que eles están acostumados.
Falounos das máscaras e a recuperación da tradición
Precisamos recuperar as nosas tradicións e necesitamos xente que nos axude a facelo.
miércoles, 11 de febrero de 2026
Día da nena e a ciencia
Dende a biblioteca queremos visibilizar o papel da muller na ciencia mediante a exposición de libros que demostran o seu papel como Pioneiras, Valerosas... mulleres de onte e hoxe que debemos manter nas nosas cabezas para seguir avanzando.
lunes, 9 de febrero de 2026
III Edición do torneo de xadrez
Hoxe deu comezo o III Edición do torneo de xadrez do CPI A Xunqueira.
Ten lugar nos recreos e participa alumnado de primaria e secundaria.
O xadrez forma parte dos nosos recreos dende hai tempo, xa sexa en forma de competición ou para disfrutar do tempo de lecer








































.png)







.jpg)
.jpg)