Mostrando entradas con la etiqueta DÍA INTERNACIONAL CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA INTERNACIONAL CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de noviembre de 2022

25N

 


 No CPI A Xunqueira, un ano máis, celebramos o Día Contra a Violencia de Xénero.

Este curso todo o colexio participou na elaboración de chapas con lemas sobre o tema. 

Alumnado de primaria traballou o libro  Eu son miña e elaboraron un vídeo



Tamén participamos na convocatoria dun minuto de silencio o venres día 25 saíndo ás 12:00 do mediodía ao patio do noso colexio.



















miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 


 Dende o CPI A Xunqueira unímonos para loitar contra esta lacra que supón a violencia contra as mulleres. 

Os nosos alumnos e alumnas traballaron sobre este tema nas súas aulas e elaboraron diversos materiais.

En infantil fixeron un vídeo e un cartel 

 


En primaria decoraron os corchos con mans nas que colocaron as súas mensaxes e gravaron videos con cancións alusivas ao tema.

No seguinte enlace pódense ver todos os videos gravados polo noso alumnado de infantil e primaria: videos contra a violencia machista



 

En secundaria traballaron letras de cancións e decoraron os corchos con lemas en contra da violencia machista. 




viernes, 23 de noviembre de 2012

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Achégase o 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, e son moitas as institucións e organismos que se suman a unha dinámica de sensibilización e de formación cidadá neste ambito, cada día máis necesaria. Tamén as bibliotecas escolares seleccionan fontes informativas adaptadas ao seu alumnado, e múltiples recursos que poñen a disposición do profesorado, en apoio das actividades que desenvolven unha educación para a igualdade e a xustiza.


RECURSOS para traballar o 20 de novembro, "Día Internacional dos Dereitos do 
neno" e o 25 de novembro "Día Internacional para a Eliminación da Violencia"
No terceiro ciclo podemos visionar a película "Mulan", a lenda dunha guerreira mítica
No 2º ciclo podemos ver a película "Tooth, el hada de los dientes"
No 1º ciclo e Educación Infantil podemos traballar co texto "Rosa caramelo"


Mulleres en Galicia
Secretaría Xeral de Igualdade.
Presidencia

Baía Edicións

Editado pola Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado
Xunta de Galicia
Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia


Para o 1º Ciclo de la E.S.O. : recomendamos a visión da curtametraxe «Amores que matan» realizado por Icíar Bollaín, no ano 2000, cunha duración de 20 minutos e que pode servir para realizar con posterioridade un debate sobre os temas que alí aparecen e, mesmo un pequeno traballo sobre as características dos personaxes que alí interveñen e sobre se nos vemos representados neles ou coñecemos a alguén da nosa contorna que se nos asemellara.  Podemos ver a curtamentraxe a continuación.