Mostrando entradas con la etiqueta VIOLENCIA DE XÉNERO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VIOLENCIA DE XÉNERO. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de noviembre de 2022

25N

 


 No CPI A Xunqueira, un ano máis, celebramos o Día Contra a Violencia de Xénero.

Este curso todo o colexio participou na elaboración de chapas con lemas sobre o tema. 

Alumnado de primaria traballou o libro  Eu son miña e elaboraron un vídeo



Tamén participamos na convocatoria dun minuto de silencio o venres día 25 saíndo ás 12:00 do mediodía ao patio do noso colexio.



















jueves, 25 de noviembre de 2021

Infantil e Primaria celebran o 25 de Novembro

Para este 25 de novembro o alumnado de Infantil e Primaria preparou, xunto coas súas profesoras e profesores, uns vídeos con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller.

Agardamos que vos gusten.

 

Vídeos Infantil e Primaria 


25 N na Xunqueira

 

 Un ano máis, no noso CPI recordamos a todas as mulleres que sufren calquera tipo de violencia de xénero. 
Este curso fixámonos tamén nas consecuencias que esta violencia ten nos seus fillos e fillas, moi graves en moitos casos.
Participamos no III encontro escolar de Ferrolterra pola eliminación da violencia de xénero e elaboramos lemas centrados nos nenos e nenas vítimas da violencia vicaria e nas súas nais.

 

Facemos unha exposición con libros que tratan a temática da violencia de xénero


O alumnado de Primaria e Infantil traballan dous libros para reflexionar sobre a situación das mulleres e nenos e nenas que viven baixo a ameaza da violencia e elaboran debuxos 





miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 


 Dende o CPI A Xunqueira unímonos para loitar contra esta lacra que supón a violencia contra as mulleres. 

Os nosos alumnos e alumnas traballaron sobre este tema nas súas aulas e elaboraron diversos materiais.

En infantil fixeron un vídeo e un cartel 

 


En primaria decoraron os corchos con mans nas que colocaron as súas mensaxes e gravaron videos con cancións alusivas ao tema.

No seguinte enlace pódense ver todos os videos gravados polo noso alumnado de infantil e primaria: videos contra a violencia machista



 

En secundaria traballaron letras de cancións e decoraron os corchos con lemas en contra da violencia machista. 




domingo, 1 de diciembre de 2019

domingo, 24 de noviembre de 2019

VISITANOS CRISTINA PALACIOS DA ASOCIACIÓN ARELAS

O alumnado de 3° e 4º de ESO participa hoxe nunha charla a cargo de Cristina Palacios, da asociación ARELAS, sobre a discriminación do colectivo LGTBI.
La imagen puede contener: una o varias personas, pantalla e interior
La imagen puede contener: 5 personas, personas sentadas e interiorLa imagen puede contener: una o varias personas, personas sentadas e interior

25 DE NOVEMBRO DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

La imagen puede contener: texto

La imagen puede contener: 11 personas, personas sonriendo
La imagen puede contener: 4 personas, personas de pieLa imagen puede contener: 2 personas, personas de pie y niño(a)
La imagen puede contener: una o varias personasLa imagen puede contener: 15 personas, personas sonriendo, personas sentadas

La imagen puede contener: 15 personas, personas sonriendo, personas sentadas
Preparando o Día Internacional da Violencia contra a Muller nas aulas de Secundaria.
La imagen puede contener: una persona, sentadaLa imagen puede contener: 12 personas, personas sonriendo, personas sentadas
La imagen puede contener: una o varias personasLa imagen puede contener: 2 personas

La imagen puede contener: una o varias personasLa imagen puede contener: una persona, sonriendo, sentada, mesa e interior
La imagen puede contener: 17 personas, personas sonriendo, personas de pie e interior

domingo, 19 de noviembre de 2017

VIOLENCIA DE XÉNERO


LIBROS RECOMENDADOS
a cabeza de medusa-marilar jimenez aleixandre-9788499140988
Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellornon denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira.


ANACOS DO MEU CORAZON
Autora Mercedes Zaera (Ferrolana)
ANACOS DO MEU CORAZON

viernes, 17 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO "DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

ARTURO Y CLEMENTINA

Una historia fabulada que reivindica el rol femenino en la sociedad, combate los estereotipos sexistas y denuncia la discriminación.

ROSA CARAMELO

Aislada en un jardín, Margarita es la única elefanta del grupo incapaz de conseguir que su piel sea de color rosa caramelo. Cuando sus progenitores desisten de imponerle ese aspecto, por fin descubrirá el significado de la libertad y abrirá el camino de la igualdad para sus compañeras.

25 DE NOVEMBRO "DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Por que o día 25 de Novembro é o día internacional da Violencia contra as Mulleres?
O día 25 de Novembro foi declarado o Día Internacional da Violencia contra as Mulleres no Primeiro Encontro Feminista para América Latina e o Caribe celebrado en Bogotá (Colombia) en 1981. Neste Encontro as mulleres denunciaron sistemáticamente a violencia de xénero, dende agresión domésticas a violacións e torturas. No recordo de todos estaban as irmás Mirabel, asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola dictadura de Rafael Trujillo na República Dominicana.
Patria(n. 1924), Dedé(n. 1926) e María Teresa(n.1925) naceron en Ollo de Auga (R. Dominicana) foron encarceladas repetidamente pola dictadura de Trujillo debido ás súas actividades e pola súa conciencia crítica en contra da dictadura e en defensa da democracia e a xustiza.
Son coñecidas como as Bolboretas, pois ese era o seu nomee segredo. O seu asasinato conmoveu a toda a poboación dominicana, impulsando o movemento antitrujillo.
A película "En el tiempo de las mariposas", baseada no libro "Tres heroínas e un tirano" recolle a vida destas irmás.



CAMPAÑA DO LAZO BRANCO
A Campaña do Lazo Branco naceu en Canadá a finais dos anos 80. O 6 de decembro de 1989 foron asasinadas 14 adolescentes polo feito de estudar unha carreira destiñada a homes. O asasinato, ao berro de "feministas" entrou na Escola Politécnica de Enxeñería en Montreal e matounas. A partir desta data, un grupo de varóns pensou que tiñan a responsabilidade de implicarse e implicar a outros homes, en facer algo para que estes feitos non volvesen a producirse nunca máis. O primeiro sería deixar de pensar en silencio.
En España, 1200 homes son denunciados cada mes por maltrato. Cada semana un home mata a unha meller. Os datos son estremecedores.
En 1991 en Toronto impúlsase a Campaña do Lazo Branco. En 1999, varias asociacións de mulleres e varóns na UE súmanse a esta iniciativa. Un home que garda silencio ante a violencia contra as mulleres é parte do problema.
É necesario cambiar as actitudes negativas, os comportamentos e as institucións que permiten estes actos violentos. Todas as formas de violencia son inaceptables.

A VIOLENCIA CONTRA AS  MULLERES NO MUNDO. ALGÚNS DATOS.
  • En China, o 25% das nenas, consideranse unha carga social, son abandonadas ou asasinadas.
  • Na India é común a práctica de asasinar á esposa (envelenándoa, estrangulándoa ou queimándoa) cando a familia dela non pode seguir pagando a dote.
  • 130 millóns de mulleres en todo o mundo, sufriron, de nenas ou de mozas. a mutilación xenital necesaria para preparalas a aceptar as responsabilidades co seu futuro marido.
  • A condena a morte por lapidación é común nalgúns países de África, onde se segue pensando que o honor da familia depende da sexualidade das mulleres.
  • En Europa, a pesar de estar prohibido pola Convención de Xenebra, se segue practicando a violación masica de mulleres en situación de conflicto e a consideración dos seus corpos como botín de guerra.
  • Na UE, entre 200 e 500 mil mulleres e nenas son víctima de tráfico sexual e prostitución.
  • En Mexico, o asasinato de mulleres queda en completa impunidade. Destácanse os asasinatos de mulleres en Ciudad Juárez, un feminicidio sen precedentes, sen que as denuncias por parte dos familiares consegan a intervención das autoridades.
  • Feminicidio=Asasinato de mulleres cometido por homes dende a súa superioridade de xénero.

domingo, 12 de noviembre de 2017

CHARLA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

Charla sobre a violencia de xénero no contexto dixital ao alumnado de 3° de Eso. Actividade organizada polos servizos Sociais do Concello de Fene (Igualdade) e o Departamento de Orientación.

La imagen puede contener: una o varias personas y personas sentadas