lunes, 21 de diciembre de 2020

Felicitacións de Nadal 2020

 O noso alumnado elaborou postais para felicitar estas datas e facelas algo máis agarimosas, felicitacións que veñen cheas bos desexos para o ano que ven.

Deixámosvolas aquí e aproveitamos para desexarvos 

Bo Nadal e Feliz Ano 2021!!!!!

Postais en galego:

 


Postais en castelán: 

Presentación de postais de 2º ESO

 

 

 

sábado, 19 de diciembre de 2020

Tríptico Recomendacións para o Nadal

 


 O Nadal xa está aquí e un ano máis non queremos pasar sen ofrecervos unhas suxerencias lectoras por se non sabedes con que agasallar aos vosos familiares e amigos. 

Un libro sempre é un gran agasallo e máis nestes tempos da Covid nos que unha boa maneira de viaxar é facelo da man dun libro. 

Esperamos que vos gusten 


Recomendacións lectoras de Leyre e Matías

Recomendacións lectoras


 Os nosos colaboradores de biblioteca de primaria e secundaria estiveron vendo as novidades que temos na nosa biblioteca e quixeron compartir con nós algunha das súas recomendacións e suxerencias, por se non sabedes que pedir como agasallo de Nadal. Aquí vos deixo os videos.

 

Recomendacións lectoras de Ruth e Sheila

sábado, 5 de diciembre de 2020

Kamishibai La Gallina Serafina

 

 LA GALLINA SERAFINA

 

O alumnado de 6º de Primaria elaborou un Kamishibai titulado "La gallina Serafina" e representoullo ao alumnado de infantil utilizando as TIC´s. 

Os nenos e nenas de infantil pasárono en grande dende as súas aulas!!!



         

Aquí vos deixo o vídeo do Kamishibai para que o podades disfrutar todos dende a casa. 

Esperamos que vos guste!!!!