jueves, 25 de noviembre de 2021

Infantil e Primaria celebran o 25 de Novembro

Para este 25 de novembro o alumnado de Infantil e Primaria preparou, xunto coas súas profesoras e profesores, uns vídeos con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller.

Agardamos que vos gusten.

 

Vídeos Infantil e Primaria 


25 N na Xunqueira

 

 Un ano máis, no noso CPI recordamos a todas as mulleres que sufren calquera tipo de violencia de xénero. 
Este curso fixámonos tamén nas consecuencias que esta violencia ten nos seus fillos e fillas, moi graves en moitos casos.
Participamos no III encontro escolar de Ferrolterra pola eliminación da violencia de xénero e elaboramos lemas centrados nos nenos e nenas vítimas da violencia vicaria e nas súas nais.

 

Facemos unha exposición con libros que tratan a temática da violencia de xénero


O alumnado de Primaria e Infantil traballan dous libros para reflexionar sobre a situación das mulleres e nenos e nenas que viven baixo a ameaza da violencia e elaboran debuxos 





lunes, 15 de noviembre de 2021

Novembro, mes da ciencia: Exposición de ilustración científica

 


Para celebrar o mes da ciencia, presentamos na biblioteca unha exposición de ilustración científica elaborada por Marta Pérez Lozao e Carlos Más Yañez, coa colaboración dos departamentos de Física e Química e o de Plástica.

Podemos desfrutar de impresionantes debuxos de insectos migratorios e insectos invasores,

Aquí vos deixamos algunha mostra do que podedes ver na biblio.

Esperamos que vos guste!!!!!!







 

lunes, 1 de noviembre de 2021

Celebramos o Samaín na Xunqueira

 Para celebrar o Samaín na Xunqueira tivemos unha morea de actividades: 

Exposición de libros de medo!!

 





Concurso de Cabazas


 

Concurso de relatos 


 

Concurso de debuxos


Conxuros



Castañas e xogos populares


Os nosos nenos e nenas traballaron arreo decorando o cole e pasárono xenial!!!!