sábado, 18 de diciembre de 2021

Felicitación de Nadal


 Dende o CPI A Xunqueira queremos felicitarvos o nadal e desexarvos unhas Felices Festas e un Próspero ano 2022. 

O noso alumnado elaborou  unhas postais de nadal coas que decoramos a nosa árbore e  algunhas co tema dun nadal terrorífico ou o Samaín no nadal. 



Esperamos que o próximo ano esté cheo de boas e felices lecturas. 


Recomendacións lectoras polo Nadal


Como dicía Mafalda "Lee libros, regala historias"
Aquí lles deixamos aos Reis Magos e a Papa Noel ideas de libros cos que poden agasallar nestas datas. 
Esperamos que vos gusten e os disfrutedes!!! 


 

A cidade do átomo

 O noso alumnado de 1ºB traballou durante o mes de novembro, mes da ciencia en galego, o libro A cidade do Átomo, de Iria Misa. Durante a súa lectura traballaron temas relacionados coa amizade, a supervivencia, os desastres ecolóxicos e nucleares, ...


 

Aquí vos deixamos un resumo do seu traballo. 

 

 

 

Presentación A cidade do átomo


Volverás Golfiño



 O noso alumnado de 1ºA traballou durante o mes de novembro, mes da ciencia en galego, o libro Volverás Golfiño, de Andrea Maceiras. Con el aprenderon moito sobre os naufraxios, a amizade, a contaminación, ....

Aquí vos deixamos un resumo do seu traballo. 

 

Presentación Volverás Golfiño 

 


jueves, 16 de diciembre de 2021

Historia del mundo en 25 historias

O alumnado de 5º B de Primaria quere compartir con todos os momentos que máis gustaron do libro Historia del mundo en 25 historias. 

 Dramatización dos mellores momentos

 


viernes, 3 de diciembre de 2021

Concurso Calendario 2022

 


O equipo de Normalización Lingüística do noso cole convocou un concurso para elaborar o calendario 2022 con imaxes de Fene dentro do proxecto Descubrindo Fene. 

Deixámosvos aquí as imaxes dos debuxos finalistas e os enlaces ao blog de normalización, que está cheo de cousas interesantes!!



Blog de normalización do CPI A Xunqueira