martes, 28 de febrero de 2023

Amañece na granxa

 No día de hoxe, e a través da Biblioteca do cole, o alumnado de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria, participou nunha sesión de contacontos musical chamada AMAÑECE NA GRANXA, realizada polo grupo 2Plicas. Colaboraron un montón e pasáronno xenial. 🥳🥳

Despois, realizaron uns pequenos obradoiros relacionados co conto

































jueves, 23 de febrero de 2023

viernes, 17 de febrero de 2023

Desfile do Entroido

 Logo duns anos de pausa, por fin chegou a hora de recuperar o noso tradicional desfile polo barrio. San Valentín encheuse de castrexos, irmandiños, emigrantes, bandoleiros, futbolistas, rapa das bestas, demos, trasnos e incluso animais variados .....



O alumnado da ESO participou no concurso de comparsas cunhas letras ben simpáticas. Aí quedan ... houbo premios para todos!!!








jueves, 16 de febrero de 2023

Xa chegou o entroido


Primeiro lemos e aprendemos sobre o entroido.



Coñecemos os personaxes do entroido galego
E agora pensamos no noso disfrace e no proxecto da biblioteca. Xa o temos!! 
Reciclamos a historia de Galicia: castrexos, irmandiños, Pepa a Loba, o conxuro da queimada, a rapa das bestas...

Xa chegaron os mandados do Meco


 

martes, 14 de febrero de 2023

14 de febreiro


Por San Valentín, mensaxes de amor e amizade



 

O alumnado escribiu mensaxes de amizade que logo depositou na caixa. Mensaxes bonitas, positivas....moitas delas serán lidas na radio.  Tocaralle á miña!!!

Visita Padrón - Santiago de Compostela

 Despois da proxección da Rosa incandescente e da charla coa guionista sobre a curtametraxe e aspectos da vida de Rosalía, o alumnado de 3º da ESO seguiu analizando a vida e obra da escritora. Agora tocou viaxar ata Padrón para ver a Casa Museo de Rosalía e a Santiago para achegarnos ata o Panteón dos Galegos Ilustres. Que mellor maneira de estudar que traballar sobre o terreo a figura de Rosalía.

Pero, aproveitamos a viaxe. En Santiago visitamos a Cidade da cultura galega e o Museo do pobo galego


lunes, 13 de febrero de 2023

sábado, 11 de febrero de 2023